Unha medalla de cada cor no campionato de España indoor
Un ouro, unha prata, un bronce e catro postos de finalistas foi o balance da actuación galega nos Campionatos de España de Pista curta que se viñeron clebrando esta pasada fin de semana no velódrono Luis Puig de Valencia.
Como era de agardar novamente Belén Toimil proclamábase campioa de España de pista curta sobre o concurso de lanzamento de peso. Nunha modalidade que domina claramente a día de hoxe, era a única en lanzar por enriba dos 16 metros o que lle permitían rematar en 16.89 m. (17.80 m. este ano) e que sirven para sumar o seu sexto título consecutivo indoor.
Outro dos que non defraudou nestes campionatos foi Adrián Ben. O lucense, que acudía nun gran estado de forma, lograba proclamarse subcampión de España da proba dos 1500 m. cedendo so ante o gran final de Mariano García nunha carreira na que acudía ca quinta mellor marca dos participantes. Este excelente resultado fai mirar ao viveirense con moito optimismo a tempada de aire libre.
A terceira gran medalla do atletismo galego foi para Gerson Vidal Izaguirre. O galego conseguía por fin e por dereito, unha medalla nun campionato de España logo de varias participacións logrando postos de podio pero sen dereito a estar nel. Practicamente sobre a bociña, chegaba a tramitación da súa nacionalidade que o permitían competir con plenos dereitos sobre a proba de combinadas sobre a que lograba unha suma total de 5.753 puntos. Con esta marca lograba unha merecidísima medalla de bronce a moi poucos puntos da prata.
No resto de actuacións compre destacar a excelente cuarta posición de Andrea Reija do Sanysec-Ourense quen tamén en combinadas, consegía rematar o seu concurso cunha suma total de 3.877 puntos.
No resto de actuacións, foron tamén destacadas as fondistas Inés Docampo do ADAS CUPA e David de la Fuente na proba dos 3.000 m sobre a que ambos lograban postos de finalistas e unha MMP de 9:21.84 e de 7:59.33 respectivamente.
A Sub20 Iría Solera en altura foi outra das finalistas ao lograr unha nova MMP con 1.75 e rematar na oitava posición
Actuacións dos atletas galegos e galegas:
- 400 m. Inés Oitaven (Semf. 55.23)
- 800m. Elian Numa (Semf.1:49.59)/ Pedro Osorio (Semf.1:49.78)/ Anxo Lado (Semf.1:49.27)
- 1500 m. Adrián Ben (2º con 3:44.04)/ Iker Fernández (Semf. 4:00.82)/ Pablo Bocelo (Semf. 3:53.94)/ Sabela Martínez (Semf.4:31.68)
- 3000 m. Inés Docampo (7ª con 9:21.84)/ David de la Fuente (8º con 8:27.34)/
- 60 v. Uxía Pereira (Elim.8.55)/ Hugo Vázquez (Semf.8.15)/ Jaime Reverter (Elim.8.46)
- Altura. Iria Solera (8ª con 1.75)
- Pértega. Manuela Blanco (9ª con 3.60 m.)
- Lonxitude. Olaia G. Becerril (9ª con 5.99 m.)
- Peso. Belén Toimil (1ª con 16.89 m.)/Xiana Lago (11ª con 13.54 m.)
- Heptatlon. Gerson V. Izaguirre (3º con 5.753 p.)/ Andrea Reija (4ª con 3.877 p.)