Morea de marcas mínimas no galego Sub18 e Sub20
Morea de boas marcas e de mínimas para os campionatos de España (42) as rexistrada durante esta fin de semana durante a celebración dos Campionatos Xunta de Galicia Sub18 e Sub20 desenvoltos en Expourense.
O sábado daba comezo o campionato Sub18 na que as probas de velocidade deixaban os títulos galegos para Mateo Refojo do Rías Baixas como único home capaz de baixar dos sete segundos. Lois Corral do At. Narón lograba o título galego nos 200 m. con 22.64 sumando unha prata nos 60 m. 7.02. Na categoría feminina era Laura Ríos do At. Sada con 7.85 a gañadora dos 60 m.
O xóven valor do Marineda At. Mauro Seguín lograba baixar dos 50″ para proclamarse campion galegos dos 400 m. con 49.95
Bo nivel na proba dos 800 masculinos con dous atletas por debaixo do 1:55 e con triunfo final para Enrique García do Lucus CRG con 1:54.49. Irma Veiguela do Sanysec Ourense pola súa banda, lograba a súa mellor marca sobre esta mesma distancia que lle servía para lograr o campionato galego con 2:14.26.
Cómodos triunfos tanto para Xoel Franco do Celta At. nos 1.500 m. 4:02.64 como de Alejandro Santos da Gimnástica nos 3.000 m. 8:40.15 que miran xa cara o campionato de España. Paula Fernández da Gimnástica convertíase na medio fondista máis destacada grazas ao seu triunfo sobre os 1500 con 4:45.35
Un dos protagonistas do Sub18 fo Guillermo Piñeiro da Gimnástica de Pontevedra quen lograba batir desde novembro e por catro veces, o récord galego Sub18 nos 60 valos con 7.86 situandose no segundo lugar no ranking de España.
Continúa o plusmarquista galego Bruno Castro do Coruña Comarca sumando nivel e sumando títulos, desta ocasión en triplo salto con 14.31 m.
No concurso de peso nova exhibición para o plusmarquista de España e unha das grandes promesas do atletismo galego Hugo Casañas lanzando ata os 19.99 m. Aitana Capeáns pola súa banda lograba lanzar ata os 14.30 m.
Por último no concurso de combinadas, bos os 4.718 puntos de Joel Santana do Celta At. que lle daban o triunfo por diente de Sergio Lamas da Gimnástica con 4.380 puntos
Campionato Galego Sub20
Xa no domingo, a xornada estivo reservada para a celebración do galego Sub20 ca mirada posta no 21 de marzo na que se celebrará o campionato de España en Sabadell.
Comezando polas actuacións destacadas, a campioa galega absoluta Paula Conde do Lucus converteuse na protagonista das probas de velocidade logo de proclamarse campioa galega tanto nos 60 m. con 7.62, MMP como na dos 200 m. con 25.24. Na categoría masculina foi Eloy Vázquez da At. Barbanza foi o máis rápido dos atletas con 6.94 sobre os 60 m.
Excelente campionato para Adrián Bernárdez do Celta At. proclamándose campión autonómico no dobre hectómetro con 22.15 e subcampión galego dos 60 m. con 7.05. (MMP)
Debris Paniagua de O Pino lograba o campionato galego na proba dos 1500 con 4:28.74 diante da súa irmán Demeku con 4:32.72
Nos 400 m. excelente carreira a que deixaban os tres primeiros clasificados correndo por debaixo dos 49 segundos. O campión galego absoluto Lucas Vázquez do Barbanza, realizaba un rexistro de 48.28, entrando por diante de Daniel Salgueiro co Coruña Comarca con 48.56 e de Martiño Salgueiro do Celta At. con 48.81. Pola súa banda Marta Caamaño do Celta At. lograba o campionato galego con 57.34
María Estévez da Gimnástica, entraba na primeira posición da final directa dos 800 m. con 2:15.26 polos 9.07 nos 60 valos da campioa galega de combinadas Martina Gutiérrez do Celta At.
Nos concursos, o internacional Gonzalo Cuns chegaba ata aos 15.43 m. no foso de triplo e a pontevedresa da Gimnástica Gema Dacosta, lograba lanzar ata os 11.77 m.en peso.