O Concello de Caldas presenta o seu campionato de España de Trailrunning
No día de hoxe tivo lugar a presentación no Concello de Caldas de Reis do Campionato de España de Trail Running que acollerá o concello caldense o vindeiro día 15 de marzo.
O salón de plenos do consistorio daba a benvida as autoridades presentes sendo o primeiro en intervir o Presidente da FGA Iván Sanmartín, quen salientaba que “Galicia é unha das comunidades punteiras no avance do trail cun medre considerable no número de licenzas e cunha progresión en claro incremento” apuntando ao orgullo que supón a celebración dun campipnato de España.
Pola súa banda a concelleiro de deporte Manuel Fariña, destacaba na súa prsesntación a progresión desta proba, que tras ser sede do Campionato Galego a pasada edición, acolle neste 2026 todo un Campionato de España. “O evento e o deporte do trailrunning poñen en valor o medio natural de Caldas e as súas paisaxes constitindo de igual modo unha aposta pola vida sa”. O responsable municipal de deportes, destacaba o labor dos corredores locais que xa foron medallistas nesta proba como Fernando Lorenzo ou Iago Abeledo animando ao resto a sumarse a esta actividade.
Continuando ca rolda de presentacións, o coordinador de deporte escolar da Consellería de Presidencia da Xunta de Galicia, Guillermo Reinaldo interviña para sinalar que “facer deporte no medio natural e extrapolalo ás categorías base xenera unha base educativa e formativa para futuras xeracións”. O coordinador de deportes da Xunta, transmitiu a confianza na Federación Galega como garante dun bo nivel organizativo.
Para a directora de deportes da Deputación de Pontevedra Xisela Aranda “Pontevedra é sen dúbida a provincia do deporte, tanto no seu interior como e a costa e mantén unha simbiose enorme co proxecto “Rías Baixas e Turismo” que converte a provincia nun conglomerado de instalacións deportivas no medio natural que xeran un fluxo de visitantes e un impacto económico moi grandes”. A directora de deportes remataba cun agradecemento inmenso a todas as persoas, técnicos e voluntarios “que fan posible o evento”.
Pola súa banda, a Directora Territorial da Consellería de Presidencia da Xunta de Galicia Blanca García-Señoráns sinalaba que “Un campionato de España pon a Caldas de Reis no mapa do deporte nacional e tamén o converte no motor económico da comarca” indicando que “a infraestrutura local do municipio verase reforzada por todo o que a comarca ofrece garantindo así o acceso a todos os servizos dos miles de visitantes que haberá durante esa fin de semana” Quixo convidar a todos os visitantes a coñecer a gastromomía local, descubrir a súa riqueza e variedade. Con iso manifestou que “este é un gran exemplo de colaboración institucional, cunha implicación moi satisfactoria de todas as administracións”.
Pechaba o acto como anfitrión o alcalde do Concello de Caldas de Reis Jacobo Pérez para quen “Caldas de Reis convértese con este Campionato de España e co Trail Laxe dos Bolos nun exemplo de creación de sinerxias e colaboración entre administracións”. o rexidor municipal quixo tamén poñer en valor o comercio local e a hostalería apostando por revitalizar Caldas de Reis máis aló do turismo do ‘Camiño’ con eventos como este que son dinamizadores da vida de todos os habitantes. “Caldas de Reis é cabeza de comarca e grazas a estas actividades, durante as últimas semanas e meses xeráronse centos de visitas en todos os roteiros de Caldas de Reis; isto mellora a cohesión cos núcleos rurais e tamén serve como ferramenta de prevención futura a sí como coidado do medio natural polo que todos gañamos.”
O acto finalizaba coa foto protocolaria sobre o río Umia, que será o rigoroso anfitrión do próximo campionato de España de Trailrunning o 15 de marzo.