O sector de lanzamentos galego logra seis medallas no campionato de España
Excelentes resultados os logrados polos atletas galegos e galegas que tomaron parte esta fin de semana no Campionato de España de Lanzamentos longos que se estivo celebrado en Castellón.
Ata a pista de atletismo Gaetá Huguet acudiron un total de vinte nove dos nosos atletas para participar neste campionato do que se voltaba cun total de seis medallas, vinte postos de finalistas, un récord de España, un récord galego, oito MMP e un récord do campionato.
Novamente un dos titulares do campionato foi o que protagonizaba Hugo Casañas. O lanzador pontevedrés quen este ano debutaba na categoría Sub18, lograba no quinto lanzamento de disco unha medición de 66.32 m o que representa un novo récord de España mellorando en practicamente un metro a anterior plusmarca. Con este novo récord, sigue madurando unha das máis importantes esperanzas do atletismo galego de futuro.
Outra das excelentes noticias do campionato era a que protagonizaba Gabriela Bouzada quen no lanzamento de xavelina Sub16 lograba con total autoridade o campionato de España. A prometedora lanzadora Sub16 do Celta Atletismo conseguía no seu último lanzamento unha medición de 48.53 m. que representan un novo récord galego da categoría. Ademáis con esta marca reafirma súa condición de líder da proba.
Continuando co resto de medallistas, a lanzadora Sub18 do Sanysec-Ourense Aitana Capeáns, proclamábase subcampioa de España no concurso de disco cun mellor lanzamento de 40.90 m. que ademáis a colocan de segunda no ranking de España. Importante avance o da lanzadora bañense quen escala ao podio desde a cuarta posición do nacional Sub18 do ano pasado.
Sen abandoar o disco, a categoría Sub18 feminina contaba con outra galega na zona de podio. Lydia Valdés do At. Sada, repetía podio do ano pasado, sumando un metal de bronce logo de lanzar ata os 55.93 m. que representan ademáis unha MMP.
No martelo masculino formidable Carlos Revuelta da Gimnástica quen na categoría asboluta, volve a un podio dun campionato de España grazas aos seus 62.40 m. que o sitúan ademáis no terceiro lugar do ranking de España. Mesmo metal de bronce para o ourensán Javier Cid do Sanysec-Ourense en martelo con 59.96 m. quen desde os quince anos mantén presenza casi constante nos distintos podios dos campionatos de España nos que destaca o título de España sendo Sub16.
Destacanos a cuarta posición de Alan Cadavid do Ames At. Savante no concurso de martelo Sub16 con 52.69 m.
A maiores lograban postos de finalistas:
- Xavelina: Lara Pereira, Eloy Acuña e Paula Piñón
- Martelo: Marta Hermida, Mario Casal, Martín Chico, Xaido Nimo, Raúl Gude e Daniel Villaverde
- Disco: Martina Gúzman, Mara Dávila, Erika Fernández e Miguel A. López