Saltar ao contido
Campionato de Galicia

Bo nivel e moitas mínimas no galego Sub16 de pista curta

Boas actuacións as que se  presenciaron esta fin de semana na pista curta de Expourense durante o transcurso do Campionato Xunta de Galicia Sub16 que contou cunha notable asistencia de participantes.

Ao longo da fin de semana, se estiveron disputando tanto o campionato individual como o de combinadas nos que se lograron importantes rexistros asi como numerosas mínimas de participación para o campionato de España de PC do próximo 7 e 8 de marzo en Salamanca.

Entre os resultados máis destacados compre subliñar as actuacións na proba dos 60 m. da segunda do ranking RFEA, Sofía Paz da At. Barbanza quen lograba o título de campioa galega con 7.75. Nesta mesma distancia tamén baixaba dos oito segundos Noa Valiñas con 7.91.

Na final masculina, os tres primeiros clasificados lograban a mínima para o campionato de España nunha carreira na que o triunfo correspondía a Eric Graña do At. Narón con 7.28 seguido de Matteo Pansera do Rías Baixas con 7.35 e Martín Saavedra At. Sada con 7.40. Precisamente o atleta sadense era o protagonista na proba dos 300 m. logo de dominala e lograr o seu segundo metal dos campionatos, cun excelente crono de 37.13.

Na proba dos 600 m., o título galego foi para Sara Pérez de A Gándara cun crono de 1:37.82 e para Lía Núñez da At. Lucense nos 1.000 m. con 2:58.11. Na categoría masculina Martín Otero do Pinarium proclamábase campión galego dos 600 m. con 1:25:14 seguido na segunda posición por Hugo Oubel do Marineda At. con 1:27.83.

Nos 1.000 m. homes, os tres primeiros atletas lograban rematar por debaixo dos 2:45 con Pedro Moirón do Maderas Barcía Lourenzá domiñando a final con 2:39.27, seguido de Brais Rey do At. Estrada con 2:40.34 e de Enrique Graña do At. Naron con 2:40.91

Sen abandoar as distancias de fondo, bo nivel nos 3000 m. con títulos para Irene García do Ferrol At. con 10.36.78 en mulleres e para Samuel Tallón do Ferrol At. con 9:12.39 en homes nunha proba  na que os os primeiros clasificados correron por debaixo dos 9:19 .

Igualdade na proba dos valos entre León Feijoo do At. Deza e Mario García do Marineda At. con triunfo final para o dezán con 8.77.

Nos resto de consursos, Naiara López do Comesaña SC lograba deixar o listón de altura a 1.63 m. o que representan tanto mínina para os de España como unha MMP. Xa no concurso de peso a naronesa Antía Suárez chegaba no cuarto intento ata os 11.36 (MMP) e Mario Casal do Sanysec-Ourense no seu quinto, ata os 13.94 m. (MMP).

No tocante ao campinato galego de probas combinadas, tanto Claudia Fraga do Riazor C. como Iago Gómez da Gimnástica cenvertíronse nos novos campións autonómicos da modalidade ao sumar respectivamente 3.005 e 3.578 puntos.

Relación de campións galegos e galegas:

  •  60 m. Sofía Paz (At. Barbanza),7.75 e Eric Graña (At. Narón), 7.28
  • 300 m. Emma Otero (Co.Comarca),42.52 e Martín Saavedra (At. Sada), 37.13
  • 600 m. Sara Pérez (A Gándara), 1:37.82 e Martín Otero (Cd Pinarium) 1:25.14
  • 1000 m. Lía Núñez (At. Lucense), 2:58.11 e Pedro Moirón (Mad. Barcia) 2:39.27
  • 3000 m. Irene García (Ferrol At.), 10:36.78 e Samuel Tallón (Ferrol At.) 9:12.39
  • 60 v. Celia Couto (Rías Baixas), 9.36 e León Diego Feijoo (At. Deza) 77
  • Altura. Naiara López (Comesaña SC),1.55 e Ángel Araujo (Sanysec-Ourense), 1.74
  • Pértega. Inés Muradás (Celta At.) 3,00 m. e Marco Pereira (Sanysec-Ourense), 2.91
  • Lonxitude. Lara López (Ben Cho Shey), 4.97 e Diego Acuña (Gimnástica), 6.11
  • Triplo.Gisela González (Lucus)10,21 e León D. Feijoo (At. Deza),12.62
  • Peso. Antía Suárez (At. Naron) 11.36 e Mario Casal (Sanysec-Ourense), 13.94
  • Combinadas. Claudia Fraga (Riazor Co.) 3.005 p. e Igao Gómez (Gimnástica) 3.578 p.

Resultados

Compartir