Éxito do II Meeting Internacional de Atletismo
Gran xornada de atletismo e espectáculo a vivida esta fin de semana en Expourense durante a celebración do II Meeting Internacional de Atletismo de Ourense que contou ca presenza dalgúns dos atletas máis importates do momento.
A nivel de resultados, as probas de velocidade deixaban o triunfo nos 60 valos do atleta francés Louis Fraçois marcando na final un tempo de 7.62 e onde o galego-venezolano Gerson Vidal Izaguirre lograba a segunda posición cunha MMP de 7.85. Xa nos lisos femininos, o triunfo era para a venezolana Andrea Purica cun mellor rexistro de 7.26
Os 400 m. deixaban ao extremeño David García co mellor tempo dos participantes con 46.16 polos 53.27 da gala Sophie Becker quen facía o propio na categoría feminia. Boa actuación o da española Naima Ait Alibou que conseguía a súa mellor marca do ano nos 1.500 m. 4:11.53
Unha das probas con máis nivel foi a de lonxitude na que nada menos que catro atletas estiveron por riba da barreira dos oito metros. Finalmennte o triunfo foi para o saltador cubano Jorge A Holdin que marchaba no seu segundo intento ata os 8.18 m. completando a actuación deste selecto grupo cos 8.14 m. do portugués Gersón Baldé, os 8.07 m. do cubano Aniel Molina de Cuba e os 8.04 m. do español Lester Lescay. Nesta mesma proba o mellor galego foi o gimnástico Sergio Coello con 7.46 m.
No resto de concursos a saltadora cubana Dacsy Brisón deixaba o listón de altura en 1.80 m. polos 5.60 m. do portugués Pedro Buaró na pértega masculina
Adrián Ben e Belen Toimil, protagonistas
O máis agardado da xornada foi a participación dos galegos Adrian Ben e Belén Toimil.
Cunha gran expectación comezaba a súa participación a plusmarquista e campioa de España en lanzamento de peso Belén Toimil que tivo que agardar ata o último intento para lograr o mellor rexistro particular da noite con 16.80 m. nun concurso gañado por Eliana Bandeira de Portugal con 18.13. Nesta mesma proba cuarta posición para Xiana Lago con 14.44 m.
Para rematar e como colofon, dábase a saída á proba dos 800 m. ca participación de Adrián Ben quen xunto a Josué Canalas protagonizaban unha disputada e fermosa carreira na que se evidenciou o excelentre estado de forma do galego quen remataba por diante do atleta hispano de orixen hondureño e logrando ademáis, un novo récord galego absoluto en pista curta cun crono de 1:45.14.
Espazo para a inclusión
Durante a celebración do meeting tamén o atletismo inclusivo tivo espazo ca celebración da proba dos 60 m. na que Diego Alberto Farradas do Rías Baixas realizaba nun excelente rexistro de 7.48, seguido de Martín Fernández 7.59 (MMP) do CD Purísima e Antón Martínez do Rías Baixas con 7.70. Na categoría feminina era Ana Cristina Adame da Agrupación Viguesa a primera cun crono de 10.21 seguida de Carla Rodríguez na segunda posión con 15.89
O Meetiño xuntou a un importante número de nenos e nenas
Momentos previos á disputa do Meeting internacional, se estivo organizando unha xornada na que os máis pequenos foron os protagonistas. Por espacio de algo máis de dúas horas se levou a cabo un programa de probas para as categorías base do noso deporte que contaron cunha gran participación. Ao longo da xornada houbo varios sorteos de importantes para eles e elas asi como a oportunidade de poder compartir pista con algúns dos atletas máis importantes do momento a nivel mundial.