Saltar ao contido
Campionato de España

28 atletas galegos toman parte no campionato de España Sub23 PC

Un total de 28 atletas da nosa comunidade tomarán parte esta fin de semana no Campionato de España Sub23 de pista curta que se celebrará na instalación Carme Valero de Sabadell

Logo dunha importante lesión, teremos competindo na proba dos 800 m. a Lucía Sánchez a quen xa vimos no campionato galego recuperando sensacións e volvendo de maneira progresiva á ser competitiva. Precisamente tanto o seu irmán Pepe Sánchez como Pablo Ulla da Gimnástica de Pontevedra, estarán tomando parte na proba dos 1.500 m. co obxectivo de alcanzar a final.

Continuando cas carreiras, David Vicente do At. Albacete, acude ca terceira mellor marca dos participantes de 8.15 polo que estaremos moi pendentes da progresion que poida facer o pontevedrés que logo do seu paso pola california State University, volve a estar nun gran nivel

Os concursos centrarán boa parte das aspiracións para a expedición galega que terá a David García do At. Santiago ao seu representante no salto de altura. Os obxectivos do santigués serán intentar mellorar os seus 1.96 m. deste ano que lle poderían permitir lograr posto de finalista.

Nas probas combinadas teremos participando tanto Diego Martínez da Gimnástica como a Xoel Otero do A.A Mazí. O de Arousa, intentará estar por riba dos 5.000 puntos que o situarían na loita directa polos metais do campionato.

Especial atención no foso de lonxitude e triplo ante un Unai Loureiro do Riazor Coruña que medra moito ante as citas importantes. O coruñés que acude ca cuarta mellor marca en ambos concursos, márcase como obxectivo saltar por encima de 7.27 m. en lonxitude e 14.90 m. en triplo.

Seguindo cos saltos, a campioa de España Sub20 de pértega Manuela Blanco do Sanysec-Ourense, posicionase claramente aos postos de podio logo de saltar este ano ata os 3.86 m altura tan só superada pola líder do ano con 4.10 m.

O círculo de lanzamentos, será sen dúbida o escenario máis interesante para as aspiracións galegas ca participacion tanto da internacional Xiana Lago do Ría Ferrol como do plusmarquista galego absoluto Fernando Vallines do At. Albacete. A internacional de Cee, que este ano quedara a tan só catro cm. da súa MMP con 14.17 m., acude nun bo estado de forma a esta cita na que terá a dúas atletas por riba dos 15 m. Pola súa banda o Laurentino, grazas a eses 17.53 m. do pasado xaneiro en Ourense que o sitúan líder do ranking de España Sub23, aspira a lograr o seu primeiro campionato de España e de paso apuntar cara a Copa de Europa de lanzamentos do vindeiro mes de marzo.

Relación de participantes galegas e galegos:

  • 60 m. Mauro Vázquez (S. Gimnástica)
  • 200 m. Eloy García (Marineda At.) e Daniela Andrea Laya (Riazor C.)
  • 1500 m. Mario Rodríguez (Celta At.), Pablo Ulla (S.Gimnástica), Pepe Sánchez (S.Gimástica), Carolina Santos (Ría Ferrol), Estela Díaz (Lucus CRG), Leyla Villar (Sanysec-Ourense), Pilar Rojo (Riazor C.), Sara Guedes (At. Lucense),
  • 60 valos: Agata Rodríguez (Vila de Cangas), Nerea Amigo (CAPEX), David Vicente (At. Albacete), Diego Liñares (At. Santiago), Martín Vázquez (Lucus CRG), Matías Moldes (S. Gimnástica).
  • 800 m. Lucía Sánchez (S. Gimnástica)
  • Altura: David García (At. Santiago) e Daniela Andrea Laya (Riazor C.)
  • Heptatlon: Xoel Otero (AA Mazí) e Diego Martínez (S. Gimnástica)
  • Lonxitude. Unai Loureiro (Riazor C.)
  • Triplo. Unai Loureiro (Riazor C.)
  • Pértega. Manuel Blanco (Sanysec-Ourense) Lisa Vosberg (Celta At.)
  • Peso: Xiana Lago (Ría Ferrol) e Fernando Vallines (At. Albacete)

 

Compartir