Saltar ao contido
Federación

A FGA únese á iniciativa “Brazaletes de esperanza”

Con motivo do Día Mundial Contra o Cancro, que se celebra cada 4 de febreiro, a Asociación Española contra o Cancro pon en marcha, por terceiro ano consecutivo, a iniciativa Brazaletes de esperanza, que este ano leva por lema “O símbolo que nos une.” A iniciativa consiste en portar un lazo de cor verde, a cor da Asociación e a cor da esperanza, co obxectivo de visibilizar e converter o brazalete nun símbolo universal contra o cancro que acompañe, sosteña e humanice a enfermidade. Este ano, Brazaletes da Esperanza busca sensibilizar á sociedade unindo o deporte ao redor das persoas con cancro, as súas familias e quen as coida. O obxectivo é poñer o foco nas diferentes necesidades coas que conviven os pacientes e familiares, reivindicando un modelo de atención integral adaptado a cada realidade.

Por todo elo, a Federación Galega de Atletismo súmase a esta inciativa a través dos distintos campionatos Xunta de Galicia que durante esta fin de semana se estarán levando a cabo en Ourense, A Estrada e Pontevedra. Durante os mesmos, invítase a todo o colectivo atlético (atletas, xuíces, clubs e adestradores) a secundar esta iniciativa e luzir un brazalete que se poderá solicitar durante a entrega de dorsais de cada proba.

Ademáis disto, e como acto complementario, está programado ler un manifesto contra o cancro durante a celebración do Campionato Xunta de Galicia máster de pista curta.

AECC

Compartir