Saltar ao contido
Campionato de Galicia

Barbadás presenta o campionato Xunta de Galicia de Trail Running

No día de hoxe tivo lugar no Concello de Barbadás a presentación do XI Campionato Xunta de Galicia de Trail Running Classic que se desenvolverá o vindeiro día 14 de febreiro xunto ca disputa do XI Castro Trail Xtrem.

Asistiron a esta presentación o alcalde de Barbadás Xosé Carlos Valcarcel quen estivo acompañado polo Tenente de Alcalde Daniel Rey. De igual modo asistiron a esta presentación Manuel Pérez, Xefe Servizo provincial Deportes da Xunta; Quique Álvarez, Asesor de Presidencia da Deputación Ourense; Lalo Gómez, vicepresidente FGA; Iván Sangiao, responsable de TR da FGA;Juan Fernando Freire en representación da Policía Local; David Losada, Federico Losada e Daniel Lozano como representantes de Castro Trail e Diego López.

Durante a presentación se estiveron anunciando varias novedades importantes con respecto a outros anos. A primeira delas é que este ano vaise contar cun circuito renovado cuxo percorrido se axusta máis ás distancias do Campionato de España. Tamén se informou de que a diferencia de anos anteriores, o sentido da carreira será contraria a como se viña mantendo ata o de agora polo que o plantexamento de carreira será completamente novo para quenes tomen parte nel. Ademáis de todo elo, anunciabase que a distancia curta pasa a ser de 11 km. para os Sub23, sendo a vez primeira que esta categoría conte cunha distancia propia e distinta a dos absolutos e máster.

Na rolda de intervencións, o alcalde do Concello de Barbadás Xosé Carlos Valcarcel, destacaba o impacto que este evento ten para o concello tanto a nivel económico como social. De igual modo anunciaba a disposición total das infraestructuras deportivas do concello, o que vai permitir dala saída desde o pavillón municipal que se convertirá no epicentro da proba.

Pola súa parte o xefe do servizo provincial de deportes da Xunta de Galicia Manuel Pérez, puxo en valor a importante evolución de licenzas deportivas federadas que se está experimentando tanto en Galicia a nivel xeral como en Ourense a nivel particular, destacando  as importantes inversións que a Xunta está efectuando especialmente en Ourense.

Por último, o asesor de Presidencia da Deputacion Quique Alvarez, quixo salientar que este ano Ourense será sede de tres campionatos Xunta de Galicia de TR dos cales o de Barbadás, marca o primeiro deles.

A proba será organizada polo Club Castro Trail, en colaboración co Concello de Barbadás o vindeiro día 14 de febreiro. A primeira carreira comeza ás 9.45 horas  para as categorías absoluta e máster sobre unha distancia de 23,5 Km. A seguinte  será as 10.15 h. e nela tomarán parte os atletas Sub23 sobre unha distancia de 11 Km.

Normativa

 

 

Compartir