Os Sub23 levaron a cabo o seu autonómico
Durante o sábado e domingo se estivo celebrado en Expourense o Campionato Xunta de Galicia Sub23 tanto individual como de probas combinadas que nos deixaban os triunfos en heptatlon de Diego Martínez da Gimnástica cunha puntuación total de 4.631 puntos. No pentatalon, o campionato galego foi para Candela Vázquez do C.A.Sada con 2.758 puntos, seguida por Eva Gil do At. Estrada con 1.952 p.
A xornada do domingo estivo adicada a recibir aos atletas da categoría Sub23 que durante toda a tarde, estiveron tomando parte no seu campionato autonomico individual.
O máis salientable estivo no círculo de lanzamentos no que a atleta internacional Xiana Lago do Ría Ferrol tomaba parte lanzando ata os 14.17 (MMT). En homes era o plusmarquista galego absoluto Fernando Vallines quen lograba o título galego cun mellor lanzamento de 16.59 m.
Nas probas de velocidade tanto Mauro Vázquez da Gimnástica como Eloy García do Marineda, facían valer a súa condicion de líderes do ano para impoñerse nos 60 m. con 7.00 como nos 200 m. con 22.01 respectivamente.
Nos valos triunfo de Nerea Amigo do CAPEX, impoñéndose sobre esta distancia con 9.06.
No resto de concursos, a lonxitude deixaba as MMP tanto de Unai Loureiro do Riazor Coruña con 7.27 m. como os os 5.51 m. de Nayr Cortegoso do Celta At. na categoría feminina. Matias Moldes da Gimnástica pola súa banda, tamén lograba unha MMP sobre o curso de pértega que remataba en 4.30 m.