Saltar ao contido
Campo a través Selección Galega

Unha gran Selección Galega de campo a través volve con nove medallas de Córdoba

Xornada histórica de resultados os logrados esta fin de semana pola Irmandiña no Campionato de España de campo a través individual e de Seleccións levado a cabo na localidade cordobesa de Almodovar del Río. Un total de nove medallas (tres ouros, dúas pratas e catro broces) así como once postos de finalistas (dos cales, catro foron cuartos postos) foi o gran balance colleitado pola nosa selección galega Sub16, Sub18, Sub20, Sub23, Absoluta e Remudas Mixta nun campionato para lembrar.

Calidade e moito futuro

Ata un moi duro e enlamado circuito cordobés de El Pinillo, desprazábase un potente combinado galego formado por 54 atletas na procura de bos resultados tanto no indivual como no colectivo.

Nun campionato, que se disputaba en sábado e domingo, os grandes resultados non se fixeron agardar para os intereses galegos xa que na primeira xornada o equipo galego Sub16 feminino lograba a medalla de bronce por Seleccións cunha excelente Lía Múñez, quen liderando as súas compañeiras, lograba entrar na línea de meta no terceiro lugar da clasificación xeral. Xunto ela sumaban para Galicia, Mencía Álvarez (12ª), Xoana Rodil (18ª), Irene García (22ª) e Alba Vasconcellos (43ª).

Ca boa sensación de boca deixada polas “babys” da nosa selección, continuaron chegando os grandes resultados para os equipos galegos. Desta ocasión foi Paula Fernández quen sobre unha distancia 4.628 m. de terreno completamente enlamado, lograba proclamarse campioa de España individual Sub18 dando unha auténtica lección de calidade e domiño da proba. Por equipos a Selección lograba un un bo e importante sexto posto de finalista no que tamén sumaron, Irma Veiguela (16ª), Uséu Bernárdez (32º) e Tania López (52ª)

No resto de probas, cabe salientar o importante 4º posto conseguindo por Enrique García na categoría Sub16 masculina que xunto a Guillermo Ortigueira (11º), Brais Rey (17º), Lucas Costa (30º) e Pedro Moirón (48º),  puxeron á nosa Seleccion a cinco puntos excasos da medalla de bronce, rematando nun excelente 4º posto.

Mesma posición tamén para o equipo Sub18 masculino liderado por Xoel Franco que entraba nos postos top do campionato ao rematar na 5ª posición da clasificacion individual. A nivel de seleccións, tan só un único punto separou a Irmandiña  – composta tamén por Enrique García-García (15º), Pablo Vázquez (17º) e Hugo Dopazo (51º)- da medalla de bronce.

Cun gran ambente colectivo no hotel de concentración, no que se festexaron os importantes resultados Sub16 e Sub18, arrincaba a xornada do domingo con moi boas sensacións.

As 10:00 horas daba comezo o campionato ca posta en marcha da proba Sub20 feminina na que todas as miradas centrábanse no combinado galego. Nas súas ringleiras, un potente equipo galego aspiraba a todo sobre unha distancia de 5.220 m.

Dende o pistoletazo de saída xa quedaban claras as intencións das galegas, que se situaron de inmediato nas primeiras posicións da proba ante unhas rivais incapaces de seguir o ritmo imposto. Co paso das voltas, os grupos de cabeza fóronse definindo pouco a pouco baixo un claro dominio galego que acabou por deixar un resultado histórico: as catro primeiras posicións da clasificación xeral foron ocupadas por deportistas da nosa selección. 1ª Sandra González, 2ª Demeku Paniagua, 3ª Debris Paniagua e 4ª Sabela Martínez, ás que se sumou o 11º posto de María Estévez, permitiron á nosa Selección acadar un incontestable título, con 27 puntos de vantaxe sobre as segundas clasificadas, a Selección andaluza.

Si grandes foron os resultados do equipo feminino Sub20, non menos  foi o dos rapaces na mesma categoría na que nada menos que tres atletas entraban no Top10 da clasificación xeral. Ao fronte dos galegos e liderando o conxunto, Iker Fernández, remataba nunha fabulosa 5ª posición, seguido de Asheber Díaz (8º); Alex Sierpes (9º) e Teo de Frutos (22º), posicións todas elas que por conxuntos, daban ao noso combinado unha sensacional terceira praza de todo un campionato de España Sub20.

Por si fora pouco, e ainda co subidón xeralizado da actuación Sub20 en conxunto, caía outra nova medalla para o atletismo galego. Nesta ocasión era na categoría Sub23  na que a campioa galega absoluta de campo a través Emma Méndez, conseguía o subcampionato de España contribuindo xunto a actuación de Sara Guedes, Isabel Caeiro, Leila Villar e  Ainhoa Gontán, a que por equipos as galegas, quedaran de cuartas na clasificacion xeral.

Na categoría masculina Sub23, décimo primeira posición para Galicia ca actuación de Sergio Quintas como mellor galego (17º). Xunto el, Alex Iglesia (39º), Pepe Sánchez del Valle (45º), Nuno Moure (52º) e Maro Rodríguez (55º)

Xa sobre as carreiras absoluta e pechando o campionato, excelente 7º posto para David de la Fuente quen se instala definitivamente na elite do campo a través. Con esta gran actuación, o campión galego absoluto contribuía ademáis, xunto a  Esteban Iglesia (25º), Jorge Puig (29º), Pedro Liste (60º) e Yago Ignacio García (75º) a lograr un destacadísimo 5º posto por Seleccións.

Na carreira absoluta feminina era a subcampioa galega Ángela González (20ª) pola súa banda, quen lideraba a o equipoi ata o oitavo lugar  xunto a Antía Castro (30ª), Itziar Manso (42ª) e Pilar Rojo (58ª)

Por último tamén compre salientar o décimo posto colleitado polo equipo de remudas mixo formado por Pablo Bocelo, Eva Piñel, Pablo Ulla e Inés Docampo

Ivan Sanmartín, pletórico

Un moi satisfeito Iván Sanmartín, que compartía viaxe ca Selección, amosaba as súas impresións “Máis alá das cifras, quero poñer en valor os grandes valores humanos e deportivos amosados por todos e cada un dos atletas e corpo técnico desta selección. O seu comportamento, dentro e fóra da competición, foi exemplar, e os seus excelentes resultados con nove medallas, evidencian que estamos diante dunha nova gran etapa para o atletismo galego. Estas viaxes son especialmente importantes porque permiten convivir a atletas con moita experiencia xunto a outros máis novos, que aprenden, medran e se forman ao carón de referentes que lles transmiten coñecemento, compromiso e ilusión. O ambiente de equipo vivido, a responsabilidade individual e colectiva e o orgullo de representar a Galicia, foron sinais de identidade durante todo o campionato. Quero rematar dando as grazas a todos polo seu comportamento e pola súa entrega. Sinto un fondo orgullo por todos e cada un deles, porque representan da mellor maneira posible os grandes valores do atletismo galego”

Compartir