Mar Chillón e Nico Collazo, novos campións galegos absolutos de marcha en ruta
Mar Chillón do Celta Atletismo cun rexistro de 49:10 e Nico Collazo do Ames At. Savante con 43:25, lograban esta fin de semana proclamarse campións galegos absolutos no Campionato Xunta de Galicia de Marcha en ruta organizado polo Concello de Marín.
Nunha mañá marcada polo vento, ambos marchadores lograban impoñerse con claridade nas súas respectivas categorías estando acompañados na zona de podio pola campioa de España Sub20 Icía Ares do Sanysec-Ourense a 1:10 da gañadora e pola bronce nacional Sub18 Natalia González do Celta At. a 4:22 no terceiro lugar. En homes foi o campión mundial máster Juan Manuel Morales do Marineda At. quen entraba na segunda posición a 2:45 do gañador, correspondendo a medalla de bronce ao campión de España dos 5K Mateo Valcarce do ADAS CUPA a 4:19.
A nivel de récords, salientar o logrado por Jacinto Cea do Samertolameu sobre os 10K M75 con 1h.17:03
No resto de categorías proclamáronse campións e campioas galegas:
- Sub10. Ainara Gándara (At. Porriño) e Iago Rubianes (At. Cuntis)
- Sub12. Sabela Gándara (At. Porriño) e Gael Seijido (At.Narón)
- Sub14. Marta Bargubeiras (At. Lucense) e Diego Fernández (At. Lucense)
- Sub16. Alba Vázquez (At. Piringalla) e Antón Díaz (At. Narón)
- Sub18. Natalia González (Celta At.) e Mateo Valcarce (ADAS CUPA)
- Sub20. Icía Ares (Sanysec-Ourense) e Nicolás Collazo (Ames At.Savante)
- Sub23. Andrea Cainzos (La Mochila D.)
- Máster35. Gabriel Martínez (At. Cuntis)
- Máster45. Patricia Simón (At. Cuntis) e Juan M. Morales (Marineda At.)
- Máster50. Herminia Grande (Sanysec-Ourense)
- Máster75. Jacindo Cea (Samertolameu)
