Saltar ao contido
Campionato de Galicia

Pista e ruta para unha fin de semana intensa

Expourense acolle esta fin de semana a celebración dos Campionatos Xunta de Galicia Sub23 individual e de combinadas que se estarán disputando xunto á organización de tres xornadas de control.

As combinadas Sub23 arrincarán o sábado a partir das 16.30 h. prolongándose ata as 20:00 horas do domingo. Nela estarán tomando parte Diego Martínez da Gimnástica así como Candela Vázquez do At. Sada e Eva Gil do At. Estrada. A maiores tamén poderemos ver as evolucións, pero fora de concurso, do atleta internacional Gerson Vidal Izaguirre do Unicaja Paraiso quen estará acompañado por Aitor Fernández do Super Amara.

Xa no campionato individual, que poderemos seguir a partir das 16:30 horas do domingo, contaremos tamén ca presenza de atletas destacados entre os cales se atopan o recén plusmarquista galego absoluto de peso Fernando Vallines, líder ademáis do ranking RFEA. Sen abandonar o círculo de lanzamentos a internacional Xiana Lago do Ría Ferrol, terá en Aitana Capeáns do Sanysec-Ourense unha seria aspirante ao título atonómico.

Pola súa banda Unai Loureiro do Riazor Coruña, será outro dos atletas destacados que tome parte tanto nos concursos de lonxitude como de triplo.

Campionato Xunta de Galicia de Marcha

O Concello de Marín organiza esta fin de semana o Campionato Xunta de Galicia de Marcha en ruta que ademáis abre o que será a III Circuito Galego de marcha 2026 con sedes en Marín; A Estrada (07 de marzo); Pereiro de Aguiar (18 de abril); A Coruña (23 de maio); Pontevedra (21 de novembro) e por designar a última xornada do 27 de decembro.

Polo campionato, que dará comezo as 10:45 h., pasarán algúns dos marchadores e marchadoras máis importantes do momento entre os cales se atopan tanto a internacional Icia Ares do Sanysec-Ourense como Natalia González do Celta Atletismo, medalla de ouro e bronce respectivamente do pasado Campionato de España en Ruta celebrado en O Barco de Valdeorras.

Xunto elas poderemos ver ao campión e plusmarquista mundial máster Juan Manuel Morales do Marineda At. quen competirá xunto a Nicolás Collazo do Ames At. Savante e Mateo Valcarce do ADAS CUPA, na procura dos postos importantes.

No resto de categorías, estarán na línea de saída tanto a campioa de España F50 Herminia Grande do Sanysec-Ourense como a medallista de bronce nos mesmos campionatos Patricia Simón do At. Cuntis na F45 e quen xunto ao plumarquista galego, Jacinto Cea do Samertolameu , serán parte dos másters que se den cita en Marín

Estaremos tamén pendentes das evolucuóns tanto de Mar Chillón do Celta At, como Alba Pérez da Gimnástica ou Andrea Cainzos de la Mochila, entre outras participantes.

Na foto, presentación do Campionato Xunta de Galicia de Marcha en ruta, onte en Marín

Compartir