O mellor campo a través e a mellor ruta, verémola en Galicia no ano 2027
No día de hoxe reuníase a Xunta de Goberno da RFEA en Madrid para facer balance do ano 2025 e para tratar entre outros asuntos, as distintas sedes que acollerán os Campionatos de España para o ano 2027.
Durante as designacións, o Presidente da Federación Galega Iván Sanmartín tiña como cometido defender as designacións e racadar os apoios suficientes para a celebración de dous importates campionatos, obxectivos que finalmente, e logo de convencer ao resto de membros da Xunta de Goberno, lográbase conseguir.
Importantes campionatos en campo a través e ruta
O primeiro campionato que abrirá practicamente o ano 2027 e que poderemos disfrutar, será o Campionato de España de cros Individual e por Federacións que no mesmo fin de semana se estará celebrando xunto ao Campionato de España de Campo a Través Sub-18, Sub-16 e inclusivo por Seleccións Autonómicas cuxa sede será o Concello de Ribadavia. Esta importante cita, que reunirá aos mellores atletas e Seleccións de campo a través de España, celebrarase os días 23 e 24 de xaneiro de 2027 no Circuito de A Veronza.
Esta designación súmase as seis edicións celebradas con anterioridade na nosa comunidade sendo a última delas a que acollía no ano 2010 o Circuito de A Torre de Hércules na Coruña. Vigo nos anos 1930 e 1958, Fene no 1985, Ourense no ano 2000 e O Burgo no 2001, foron o resto de concellos organizadores.
Outro dos puntos que terán en Galicia o seu centro de atención, será o que aconteza en A Coruña durante a celebración do Campionato de España de Ruta e que xunta as distancias de Milla, 5K e Medio maratón, con data ainda por definir.
Este formato que engloba estas tres distancias nun único campionato desde o ano 2023, é a primeira vez que ven parar a Galicia, malia que precisamente A Coruña no ano 2014, xa organizaba un campionato de España de Media maratón xunto ao Concello de Marín quen facía o propio cun campionato de España en milla no 2016.
O presidente da FGA Iván Sanmartín, quen se mostraba moi satisfeito apuntaba a que ” Estos dous importantes campionatos poñen en valor a gran capacidade organizativa do atletismo galego que desde fai anos sitúan á nosa federación á cabeza en canto a xestión e organización de eventos de primeirísimo nivel. Todo elo non sería posible sin a colaboración das institucións públicas tales como a Xunta de Galicia e as catro deputacións, nin por suposto, sin o compromiso e determinación dos distintos Concellos que como os de Ribadavia e A Coruña neste caso, apostan decidida e abertamente por facilitar e favorecer este tipo de eventos tan importantes para o noso atletismo e por extensión para todo o deporte galego”