Ames será sede do Campionato do Mundo IAU de 100K
No día de hoxe a Asociación Internacional de Ultrarunners (IAU) anunciaba oficialmente que o Concello de Ames será sede do próximo Campionato do Mundo dos 100K.
O campionato será organizado polo Concello de Ames e Federación Galega de Atletismo en colaboración ca Real Federación Española de Atletismo o vindeiro día 20 de setembro do 2026.
Ames, lugar escollido
Desde fai tempo o Concello de Ames e Federación Galega de Atletismo viñan traballando estreitamente na elaboración dun proxecto que poidera competir co resto de sedes candidatas. Pare elo, se deseñou un amplo dossier na que se salientaban entre outros aspectos loxísticos, as capacidades organizativas do Concello que lembramos organizaba recentemente con notable éxito tanto no organizativo como no deportivo, o Campinato de España máster dos 5K. e no que xuntaba a centos de atletas achegados de toda España. A maiores, tamén se fixo valer as características paisaxísticas e culturais tato de Ames como da súa contorna que decantaba finalmente a decisión final cara aos intereses galegos.
Esta é a cuarta ocasión que o campionato viaxa a España nas súas trinta e dúas edicións tras as de Santander (1988), Palamós (1992), e Los alcazares (2016) tomando o relevo á organizada en Bangalore (India) no pasado 2024
Primeiras valoracións do Presidente da FGA Iván Sanmartín
“A designación de Ames como sede do Campionato do Mundo de 100 km en ruta é unha magnífica noticia para o atletismo galego e para o deporte en Galicia no seu conxunto. Supón un recoñecemento claro á capacidade organizativa, ao rigor e ao compromiso que desde hai anos vimos demostrando na Federación Galega de Atletismo.”
Sobre as oportunidades que reporta esta designación, Sanmartín apunta a que “Este campionato é unha oportunidade extraordinaria para proxectar unha imaxe de Galicia moderna, solvente e preparada para acoller grandes eventos deportivos ao máis alto nivel internacional. Galicia estará no foco do atletismo mundial, e de maneira en especial Ames cuxa sempre predisposición e facilidades de todo tipo para organizar tanto este Campionato do Mundo, como outros eventos importantes realizados ata o momento, quero poñer en valor”
De igual modo o Presidente da FGA salientaba que “A Federación Galega de Atletismo conta cunha ampla e contrastada experiencia na organización de competicións internacionais de primeiro nivel, como o Gran Premio Cantóns de Marcha Atlética, referencia mundial na súa disciplina, ou o Meeting Internacional Indoor de Atletismo de Ourense entre outros. Estes eventos permitíronnos adquirir un coñecemento profundo en xestión, loxística e atención a atletas e federacións internacionais. Por todo elo, estamos convencidos de que o Campionato do Mundo de 100 km será un éxito organizativo e deportivo, grazas ao traballo conxunto das institucións, o tecido asociativo e o atletismo galego.
Afrontamos este reto con ilusión, responsabilidade e a certeza de que estaremos á altura dun evento desta magnitude
Historia do campionato
A primeira edición dste campionato celebrouse no ano 1987 na localidade belga de Tourhout de maneira anual (agás algunhas edicións canceladas) ata 2018, ano en que pasa a ser bienal, alternándose co Campionato do Mundo de 24 horas. Está organizado pola International Association of Ultrarunners (IAU), desde 2010 baixo o patrocinio da World Athletics, ano desde o que leva o nome actual, denominándose anteriormente Copa do Mundo de 100 km (ata 1992 e de 2004 a 2009) e Desafío Mundial de 100km (de 1993 a 2003).
Nas cinco primeiras edicións, de 1987 a 1991, España non participou como selección. Si houbo participacións a título individual. Domingo Catalán foi 1º en 1987 e 1988, con marcas respectivas de 6:19:35 e 6:34:41