Primeiros títulos do ano para Emma Méndez e David de la Fuente en A Rúa
O Concello da Rúa converteuse esta fin de semana no epicentro do atletismo galego coa celebración do Campionato de Galicia Absoluto de Campo a Través, unha cita clave do calendario autonómico que, ademáis de coroar aos novos campións galegos, resultou determinante para a confección da Selección Galega que representará a Galicia no Campionato de España de Seleccións.
Os títulos absolutos foron para a atleta Sub23 Enma Méndez, da Atlética Lucense, e para David de la Fuente, recentemente incorporado ao Playas de Castellón. Ambos proclamáronse campións galegos absolutos nunha esixente xornada deportiva, iniciando o ano 2026 cun triunfo de gran valor deportivo. No caso da internacional lucense en TR, e do fondista do Playas, este éxito sitúaos nunha posición destacada de cara ás próximas convocatorias autonómicas.
Na categoría feminina, o podio completouse con Ángela González (Comesaña), que finalizou a 33 segundos da vencedora, e con Itziar Manso (Ourense Atletismo), campioa galega absoluta na edición anterior. En homes, o subcampionato foi para Jorge Puig (C.D. Pinarium), a 18 segundos do campión, logrando o terceiro posto Iván Puentes (C.A. Narón). Estes resultados terán un peso especial á hora de definir os atletas que optan a formar parte do combinado galego. Na mesma carreira competiron tamén os atletas sub23, categoría na que Pepe Sánchez del Valle (Gimnástica) fíxose co título galego, seguido de Mario Rodríguez e Nuno Moure. En mulleres, acompañaron a Enma Méndez no caixón de honra Sara Guedes e Sabela Villar,
Antes da carreira absoluta, os encargados de abrir esta edición foron os atletas Sub16, que deixaban a Lía Nuñez da Atlética Lucense, e a Brais Rey do At. Estrada, como os primeiros campións do día. Irene García, Mencía Alvarez, Enrique García e Pedro Moirón gañaban o resto dos postos de podio.
Sobre o Concello de A Rúa, xogábanse tamén as clasificacións por equipos, con carreiras moi disputadas en todas as categorías. Cómpre salientar os triunfos da internacional Sabela Castelo (Ourense Atletismo) na categoría sub18, e de Álex Sierpes (Vicky Foods) na sub20. Nesta última, a primeira posición correspondeu ao segoviano Alejandro Domingo (At. Narón), nunha proba de elevado nivel competitivo.
Na categoría sub20, xunto á clara gañadora da Gimnástica, Sabela Martínez estiveron María Estévez e Naroa Pereira, así como Anxo Bello e Iker Fernández en homes. Pola súa banda, na sub18 acompañaron ao campión galego nas ringleiras do Celta esta tempada Xoel Franco, quen suma e segue a súa gran progresión, tanto o lucense Enrique García-Boente como o ourensá Mario Lorenzo.
Comesaña S.C. e Pinarium, campións galegos por clubs
Ademáis dos títulos individuais tamén se estieron xogando os títulos por equipos na que tanto o Comesaña S.C. en mulleres como o Club Deportivo Pinarium en homes proclamáronse campións galegos absolutos. Ao lado dos gañadores estiveron Ourense At. e Gimnástica en mulleres así como At. Narón e ADAS CUPA en homes.
No resto de categorías resultaron vencedores:
- Sub23: Celta A. (Fem.) e S.Gimnástica (Mas.)
- Sub20: S.Gimnástica (fem.) e At. Naron (Mas.)
- Sub18: Ourense At. (Fem.) e Celta At. (Mas)
- Sub16: Atlética Lucense (Fem.) e At. Narón (Mas.)
Este Campionato de Galicia Absoluto de Campo a Través confirmou non só o excelente momento do atletismo galego, senón tamén o seu papel decisivo na selección dos atletas que vestirán a camiseta de Galicia no vindeiro Campionato de España de Seleccións, consolidando A Rúa como circuito estratéxico de campo a través para o atletismo galego.