A Rúa abre o ano ca gran cita galega do campo a través
O Concello de A Rúa novamente, será o encargado de abrir o ano 2026 ca celebración do campionato Xunta de Galicia de Campo a Través individual e por clubs que para as categorías absoluta, Sub23, Sub20, Sub18 e Sub16 se estará desenvolvendo desde as 10.45 horas deste sábado, no circuito de O Aguillón.
Este importante campionato da o pistoletazo de saída a unha tempada chea de intensa actividade ca disputa dos primeiros podios galegos do ano á que aspiran preto de medio milleiro de atletas e algo máis de setenta clubs. A proba ademáis, conta co engadido de ser determinante de cara a composición da selección galega individual (25 de xaneiro) e clasificatoria para o campionato de España de clubs (08 de febreiro)
Principais candididatas e candidatos
Entre a relación de favoritas na categoría absoluta, figura a presenza da campioa e subcampioa do ano pasado, Itziar Manso do Ourense Atletismo e Sara Castillo do Celta Atletismo a quenes se lles poden xuntar Letia Barbosa, Esther Rodríguez, Mullenesh Porteiro ou Begoña Domínguez como atletas importantes.
Na categoría masculina, ante a ausencia do triatleta olímpico e gañador o ano pasado Antonio Serrat, o favorito a priori será David de la Fuente que este ano pasa a defender a camiseta do Playas de Castellón. Xunto ao medallista de bronce do ano pasado, estarán presumiblemente nos postos importantes Denis Incuti, Manuel Lorenzo, Esteban Iglesia ou Alejo Ares entre outros.
No resto de categorías, compre salientar a presenza na categoría Sub20 dos internacionais Alex Sierpes do Vicky Foods e de Sandra González da Gimnástica de Pontevedra que parten como favoritos nunha carreira de moita calidade na que estarán tomando parte o tamén internacional Asheber Díaz do Celta ou o subcampión do pasado ano Iker Fernández do Lucus Caixa Rural.
Na categoría Sub16 Lucía Agueitos do C.N.Riveira e Carla Rioseco do Ferrol Atletismo terán moito que decir ao longo dos 4.000 metros de carreira ao igual que Pedro Moirón do Maderas Barcia Lourenza-Cervo e Samuel Tallón do Ferrol Atletismo na masculina. Sabela Castelo do Ourense e Alejandro Santos da Gimnástica xunto a Xoel Franco do Celta na categoría Sub18 pola súa banda, parten como favoritos sobre unha distancia na que terán un difícil compromiso tanto con Luis Piña como con Paula Fernández e Irma Veiguela.
Por último sobre a categoría Sub23 presenza da internacional Isabel Caeiro da Gimnástica quen xunto ao campión galego do ano pasado Jarno Pousada do Ría de Foz estarán nunha proba moi disputada na que tomarán parte a campioa galega Nadia Lia Fernández , Pepe Sánchez del Valle ou Sara Guedes entre outros.