Cainzos e Collazo gañan o II Circuito Galego de Marcha
Andrea Cainzos con 34 puntos e Nicolás Collazo con 47, proclamaronse gañadores do II Circuito Galego de Marcha Atlética que durante este ano se estivo desenvolvendo en seis xornadas polos Concellos de A Pobra, Cervo, Vigo, A Coruña, Pontevedra e Ames.
Foi precisamente no día de onte cando se disputaba a última das súas probas coincidindo ca celebración do II Trofeo de Marcha Concello de Ames e cuxos resultados marcaban definitivamente as clasificacións finais.
En mulleres, Icía Ares do Ourense Atletismo, quen se atopa concentrada ca Selección Española, non puido estar presente nesta última proba puntuable circunstancia que foi ben aproveitada por Andrea Cainzos para lograr o primeiro posto da proba e a suma de dez puntos que lles serviron para rebasar á campioa de España por tan só un punto. A terceira poisición foi ocupada por Natalia González do Celta, gañadora do Trofeo Josefina Romero do pasado 7 de xuño na Coruña e que xunto ao resto de actuacións, permitíalle unha suma total de 30 puntos.
En homes o triunfo de Nicolás Collazo asentouse nos triunfos en o Cervo o pasado 24 de abril así como no de Ames esta fin de semana e que lle permían quitar catro puntos de ventaxa na clasificaciónn xeral ao segundo clasificado, Diego García do Celta Atletismo, gañador en Vigo e na Coruña. Nadir Moreira do Ames At. Savante lograba o terceiro caixón do podio cunha suma total de 35 puntos.
A clasificación por equipos foi domiñada amplamente pola Escola Atlética Lucense con 533 puntos precedendo ao Ames Atletismo Savante con 284 puntos e ao ADAS CUPA con 270.
No resto de categorías, quedaron gañadores e gañadoras os seguintes atletas:
- Absoluta. Andrea Cainzos (Mochila D.) e Nicolás Collazo (Ames At. Savante)
- Máster. Patricia Simón (At. Cuntis) e Daniel García (A.Rías Baixas)
- Sub20. Andrea Cainzos (Mochila D.) e e Nicolás Collazo (Ames At. Savante)
- Sub18. Icía Ares (Ourense At.) e Diego García (Celta At.)
- Sub16. Paula Cela (ADAS CUPA) Mateo Valcarce (ADAS CUPA)
- Sub14. Sara Cabado (At. Lucense) e Thaigo Ceide (At. Lucense)
- Sub12: Paula Morales (Marineda At.) e Gael Seijido (At. Narón)
- Sub10. Gabriela Real (E.A.Lucense) e Daniel Bermúdez (ADAS CUPA)