Intenso fin de semana de atletismo en Expourense
Intensa actividade atlética a disfrutada esta fin de semana na pista cuberta de Expourense que daba acollida a celebración de varios e importantes campionatos.
O sábado as 10:00 horas daba comezo a primeira edición correspondente ao I Campionato Xunta de Galicia de clubs Sub16 que xuntou aos mellores equipos galegos por estadillo da categoría.
Ao longo de toda a mañá as distintas formacións estiveron competindo na procura de inaugurar o palmarés deste novo campionato que a nivel individual deixaba a consecución dos novos récords galegos protagonizados por Mauro Seguín do Marineda At. nos 300 m. con 36.06 e por Bruno Castro do Coruña Comarca quen con 14.20 m. en triplo, melloraba a súa propia marca que o sitúan, ademáis, ao fronte do ranking de España na modalidade.
A Nivel de equipos triunfo do Atletismo Sada en homes que estivo acompañado no podio por Sociedad Gimnástica e Atletismo Narón. Pola súa banda o Ourense Atletisno lograba o primeiro posto na categoría feminina seguido polos conxuntos de Celta Atletismo e Atletismo Narón.
Xa na xornada de tarde, tería lugar a celebración do Campionato de España de clubs Sub20 ca participación do equipo organizador e anfitrión do Ourense Atletismo que lograba unha meritoria actuación entre os mellores conxuntos de España. O campionato foi gañado na categoría masculina polo F.C.Barcelona e polo Praias de Castellón na feminina.
Por parte ourensá foron salientables as victorias protagonizadas por Sabela Castelo sobre os 3.000 m. e Manuela Blanco no concurso de pértega. Por parte masculina era Hugo Casañas quen sobre o círculo de peso (6 kg.) lograba a primeira posición logrando ademáis o récord galego das categorías Sub18, Sub20 e Sub23 con 18.46 m.
Xa no domingo, a xornada enteira estivo protagonizada pola actuación dos mellores equipos galegos Sub10, Sub12 e Sub14 que estiveron tomando parte no XIII Trofeo ABANCA
A nivel xeral, disfrutouse dun gran ambente tanto no competitivo como no deportivo que nos deixaba non poucas actuacións de moita calidade que permiten mirar con optimismo e entusiasmo o futuro do atletismo galego.
Por equipos, Ourense Atletismo, Atlética Lucense, Pinarium, Millaraio, Atlética Lucense, Sociedad Gimnástica, C.D. La Purísima, ADAS CUPA, C.S.C.R.Beade, A Piringalla, Atletismo Sada, Vila de Cangas, Atletismo Narón, e Celta Atletismo lograban os postos de podio deste trofeo.