Saltar ao contido
Competición

Remata o I Circuito Galego de lanzamentos longos mirando xa o comezo do seguinte

Rematou esta fin de semana o primeiro circuito galego de lanzamentos longos organizado polo Concello de Ordes e que durante as xornadas do 12 de xaneiro, 01 de febreiro e os días 13 e 14 desta fin de semana, estiveronse levando a cabo na Cidade Deportiva de Vista Alegre.

Precisamente durante esta última proba, un excelente tempo quixo sumarse á xornada de clausura cunha temperatura soleada que roldou os dazaseis graos e que facilitou a consecución de bos rexistros a nivel xeral. Entre os mesmos, destacamos o récord galego batido por Loreto Brea quen na categoría F50 lanzaba o martelo ata os 39.28 m. De igual modo, tamén lograba unha mellor marca galega Sub14, a lanzadora Antía Suárez do At. Narón en disco con 31.92

Por outra banda Javier Cid en martelo con 60.11 m., Evelyn Fernández en disco con 39.30 m. e Alejandro Barbeito en xavelina con 56.32 m., lograban proclamarse nesta última xornada, gañadores do circuito nas súas respectivas modalidadesdas.

Circuito en cifras

Durante a celebración deste I Cicuito galego de lanzamentos de inverno, estiveron tomando parte un total de 263 lanzadores (141 mulleres e 122 homes) lográndose durante o mesmo dous récords galegos e a consecución de 74 mellores marcas personais.

O II Circuito Galego de Lanzamentos Longos do 2026, contará con cinco xornadas

Haberá continuidade do circuito galego de lanzamentos longos para o 2026. O que será a súa segunda edidión, contará  con  dúas xornadas máis polo que en total serán cinco probas coorganizadas polo Concello de Ordes. A primeira delas será o día 11 de xaneiro, seguíndolle a do 18 de xaneiro, 22 de abril, 17 de xuño para rematar os días 12 e 13 de decembro de 2026.

Gañadoras e gañadores do I Circuito galego de lanzamentos 2025

  • Martelo (H). Javier Cid (Ourense At.) 60.11 m.
  • Martelo (M). Aixa Corbacho (Valencia At.) 57.50 m.
  • Disco (H). Hugo Casañas (Ourense At.) 57.00 m.
  • Disco (M). Evelyn Fernández  (At. Naron) 39.30 m.
  • Xavelina (H). Alejandro Barbeito (At. Sada) 56.32 m.
  • Xavelina (M). Antía Villar (At. Lugones) 38.46 m.

 

Compartir