Éxito organizativo e deportivo da marcha galega no Campionato de España de O Barco

Como de extraordinario pódese calificar o balance para o atletismo galego logrado no campionato de España de marcha en ruta de inverno disputado, para as categorías de promoción e máster, esta fin de semana en O Barco de Valdeorras.
A celebración deste campionato de España, coorganizado polo Concello de O Barco de Valdeorras, saldouse cun extraordinario éxito tanto no organizativo como deportivo, pechando o balance galego desta edición cun resultado de nove medallas (catro ouros, tres pratas e dous bronces) un récord de España e nove récords de Galicia.
Aldara Meilán e Icia Ares vencen e convencen
Sen lugar a dúbidas as noticias máis salientables viñeron da man das marchadoras internacionais galegas Icía Ares e Aldara Meilán quenes lograban proclamarse campias de España das súas respectivas categorías.
Para a primeira delas, o triunfo cimentouse sobre unha carreira de control e dominio na que a partir do quilómetro dous, fíxose evidente a superioridade da galega. Cunha proba perfectamente controlada, a campioa estatal de aire libre en Castellón, entraba en línea de meta con medio minuto de vantaxa sobre as súas rivais invertindo un crono de con 23:37 que supoñen unha mellor marca persoal (MMP). Sobre esta mesma distancia, a céltica Natalia González, repetía o extraordinario podio logrado tamén no pasado campionato de España, sumando desta vez, un metal de bronce cun rexistro de 24:09 (MMP)
Na categoría Sub20, triunfo claro para a medallista de bronce europea Aldara Meilán do Ourense At. quen xa desde o comezo, marcaba unha clara diferencia en relación ao resto de participantes. A lucense, que viña sen ningún tipo de obxectivos a este campionato, salía de O Barco tanto co título Sub20 como cunha nova plusmarca de España grazas a esos fantásticos 21:54 que fan mirar ao futuro con moito optimismo.
Por parte masculina foi Nico Collazo do Ames At. Savante na categoría Sub20, quen lograba a terceira alegría para o atletismo galego, logo de colleitar sobre a distancia dos 5K unha fantástica medalla de prata con 19:47 o que supón ademáis un novo récord galego absoluto Sub20, Sub23.
No resto de actuacións, o atleta local do ADAS CUPA Mateo Valcarce lograba outro dos récord galegos colleitados, nesta caso Sub16 con 13:02, que ademáis lle daban un meritorio posto de finalista.
Catro medallas para os galegas e galegos máster
Si excelentes foron os resultados no campionato de España de promoción, non menos foron as cinco medallas que nos deixaban os máster.
Na categoría máster 45 o atleta local Jose Fernández do Celta At. protagonizaba a sorpresa ao impoñerse ao campión mundial Iván Morales del Castillo do Marineda At. quen tivo que conformarse ca medalla de prata nunha proba na que estivo a piques de abandoar por problemas físicos. Herminia Grande do Ourense Atletismo pola súa banda, convertíase noutra das protagonistas do campionato ao lograr o título de España F50 cun rexistro de 1h.01:30, novo récord galego.
Continuando na categoría feminina, Patricia Simón do At. Cuntis na F45 remataba terceira na F45, pechando o apartado de medallas, a prata lograda polo naronés Manuel Polo sobre os 10K da M50 con 53:20.
Compre salientar por último, o posto de finalista logrado por Soledad Pousa do Ourense At. na F50.