Saltar ao contido
Federación

A UFEDEGA presenta o proxecto “Deixa Xogar”

A Unión de Federacións Deportivas Galegas (UFEDEGA) convoca para este xoves ás 18:00 horas na Cidadeda Cultura (Auditorio 1-Edificio Zinc) a presentación do proxecto para a erradicación da violencia no deporte “Deixa Xogar”  que nace do traballo conxunto da Unión de Federacións Deportivas Galegas, de Juntos Invulnerables e da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes da Xunta de Galicia.

A actividade, que é pioneira para a erradicación da violencia no deporte galego,  enmárcase dentro da programación de actos e eventos que a entidade desenvolve ao longo do ano e que desta ocasión, estará centrada neste importante problema que preocupa por igual a todas as capas e niveles do deporte galego.

Prazas limitadas

A invitación, que é de balde,  está pensada para todas aquelas persoas, entidades, adestradores, clubs, xuíces, organizadores e deportistas en xeral que desexen acudir á mesma, sendo unicamente preciso para asistir, ter previamente formalizada a inscrición a través da seguinte ligazón (inscrición)  (aberta ata completar aforo)

 

 

Compartir