O Corresán premiou as súas gañadoras e gañadores

No día de onte tivo lugar a gala Fin de festa do Circuito Corresán 2025 que xuntaba a un amplo número de asistentes e que estiveron acompañados tanto polo Presidente da FGA Iván Samartín como por parte da alcaldesa de Santiago Goretti Sanmartín e da concelleira de Deportes Pilar Lueiro.
Durante a celebración, Iván Sanmartín quixo salientar a importancia deste circuito que nacía fai once anos ca finalidade de promocionar os hábitos de vida saudables da cidadenía a través do deporte. No mesmo, e edición tras edición, non só cumplía os obxectivos marcados, si non que se foi convertindo nun auténtico referente do atletismo en ruta popular. O Presidente da FGA quixo tamén expresar a excelente sintonía e relación existente co Concello “…que fai que se materialice nun bo número de proxectos deportivos para beneficio de todas e todos”
Os atletas os grandes protagonistas
Durante a calebración da gala, fóronse premiando ós atletas que nas súas distintas categorías, lograban algúnhas das distincións deste ano. Entre os mesmos, Yago Ignacio García do At. O Pino, foi o gran protagonista da edición ao gañar as cinco probas das que constaba este circuito. Xunto ao gañador, situaronse en postos de podio Amador Pena e Alejandro Couselo do At. Tambre. Xa na categoría feminina a gañadora foi Ainhoa Gontán do SD Compostela que estivo acompañada nos postos de honra tanto por Andreia Ramos do At. Sar como por Laura Amado
Recoñocemento
Ademáis dos distintos premios deportivos entregados, a organización quixo tamén ter un recoñocemento co xuíz Suso Silva, que estivo participando activamente desde a primeira edición no nacemento e consolidación deste importante proxecto. Protección Civil de Santiago, pola súa banda, tamén contou cun recoñecemento público polo seu importante e fundamental papel de control e colaboración co circuito
