Saltar ao contido
Campionato de Galicia

O campionato galego de marcha en pista deixa boa participación e bos resultados

Excelente Campionato Xunta de Galicia de Marcha en pista de inverno o disputado esta fin de semana nas pistas do CGTD de Pontevedra a onde acudiron un total de 176 marchadores e marchadoras achegadas de todos os recunchos da nosa comunidade.

Como era previsible os internacionais da Gimnástica de Pontevedra Antía Chamosa con 23:18.95 e o seu irmán Dani Chamosa con 20:58.78 proclamaronse  campións galegos absolutos desta edición na que amosaron novamente ca súa presenza, o compromioso persoal que manteñen co atletismo e ca marcha galega, o que foi unanimemente recoñocido polo numeroso público achegado ata as bancadas do recinto pontevedrés.

Xunto aos gañadores, estiveron no podio a campiona de España Sub18 Icia Ares do Ourense Atletismo quen remataba en 23:56.35 ocupando o terceiro lugar  unha extraordinaria Mar Chillón do Celta At. que remataba baixando dos vintecatro con 23:59.35 (MMP). En homes foi o medallista de bronce no campionato de España 2024 Nicolás Collazo do Ames At. Savante, quen aproveitaba o ritmo do gañador para rematar nuns excelentes 20:37.93 que o permiten rematar o ano no Top10 de España. O metal de bronce foi para o campión e plusmarquista mundial máster Juan Manuel Morales do Marineda At. quen marcaba un tempo oficial de 21:46.93.

No resto de categorías os gañadores foron os seguintes:

  • Absolutos. Antía Chamosa e Dani Chamosa (S.Gimnástica)
  • Sub20. Nicolás Collazo (Ames At.) e Natalia Rivas (Ría Ferrol)
  • Sub18. Icía Ares (Ourense At.) e Diego García (Celta At.)
  • Sub16.  Alba Vázquez (At. Lucense) e Mateo Valcarce (ADAS CUPA)
  • Sub12. Deva Pallas (Beade) e Gael Seijido (At. Narón)
  • Sub10. Daniel Bermúdez (ADAS CUPA) e Laiene Igesias (At. Lucense)
  • Máster35. Carlos Morales (S.Gimnástica)
  • Máster50. María H. Grande (Ourense At.)
  • Máster45. Patricia Simón (At.Cuntis) y Juan M.Morales (Marineda At.)
  • Máster75. Jacinto Cea (Samertolomeu)

Compre salientar as trinta e cinco mellores marcas efectuadas ao longo do campionato polos participantes entre as cales se atopan os 36:56.23 de Jacinto Cea do Samertolameu que supoñen un novo récord galego da categoría Máster-75

II Circuito Galego de marcha atlética

Este campionato foi puntuable para o II Circuito Galego de Marcha atlética que ao longo deste 2025 se foi levando a cabo por ditintas probas. O vindeiro  28 de decembro o Concello de Ames, será o encargado de poñer o punto e peche ao mesmo ca celebración da súa proba e ca premiación do circuito.

Compartir