Catro podios para os equipos galegos no campionato de España de cros por clubs

Si hai unha modalidade na que o atletismo galego é historicamente asociado a ela esa é sen dúbidas, a do campo a través. Precisamente esta especialidade celebraba esta fin de semana o campionato de España por clubs, nun dos circuitos máis importantes e referenciais a nivel internacional existentes, o de Atapuerca.
Ata alí vixaron un total de 26 equipos galegos das categorías Sub16 ata a absoluta que voltaban cun fantástico balance de catro podios e catro postos de finalistas.
Na categoría Sub16 masculina, a base do noso deporte deu un auténtico recital sobre o Circuito de Arqueología experimental. Sobre unha distancia de 2879 m. o conxunto da Atlética Lucense colocaba ao seu atleta Enrique García na segunda posición da individual e a Ismael Rodríguez no sétimo posto, que sumado ao resto de actuacións de Xaime Abeledo e Fabio de las Heras daban aos lucenses o segundo posto por equipos do podio. A maiores, un formidable Club Atletismo Sada lograba o terceiro posto do caixón logo de facer unha gran carreira de dosificación e traballo en equipo. Mauro Rodríguez, Alonso Quintillán, Hugo Zuluaga e Manuel Maceiras daban o bronce ao conxunto das Mariñas.
Sen apenas tempo de disfrute, outra sensacional carreira do equipo feminino lucense Sub20, facía que novamente as cores do club volvesen situarse no segundo caixón de todo un podio de campionato de España, grazas as actuacións de Sandra González (4ª) e Emma Méndez (8ª) como mellores galegas que sumaban xunto a Sara Guedes, Carmen Rábade, Eugenia Vérez e Amparo Corredoira.
Na categoría Sub18, continuaban as boas actuacións para os intereses galegos xa que outro dos podios logrado foi o protagonizado polo Ourense Atletismo na categoría feminina logo do triunfo dunha formidable Sabela Castelo que se proclamaba gañadora individual seguida, na segunda posición, por outra non menos maxistral Sabela Martínez da Gimnástica de Pontevedra coverténdose ambas, nas protagonistas da carreira . Por equipos o Ourense sumaba as actuacións de Naroa Pereira, Susana Padrón, Irma Veiguela e Aloia Sabucedo, que as colocaban no terceiro posto do podio. Non menos destacada foi a actuación da pontevedresas que ocupaba un posto de honra ao rematar cuartas nesta categoría.
Entre os equipos que destacaron en Burgos está o Club Atletismo Narón, que acudía cun total de tres equipos, dos cales os Sub23 homes, lograban un excelente quinto posto da clasificacion xeral con Martín Barreiro como mellor clasificado naronés (18º). Na categoría Sub20 homes, bo sétimo posto igualmente para os azulóns cuxo atleta Alejandro Domingo remataba na 9ª posición na clasificación individual.
O resto de queipos galegos obtiveron as seguintes clasificacións:
- Absoluto homes: 46º CD Pinarium e 49º CCA Ría de Foz
- Absoluto mulleres: 24ª S.Gimnástica; 27ª ADAS CUPA, e 30ª S.D.Compostela
- Sub23 homes: 5º C.A.Narón e 19º Celta Atletismo
- Sub20 homes: 7º C.A.Narón e 14º A.D.Fogar
- Sub20 mulleres: 2ª Atlética Lucense
- Sub18 homes: 26º S.Gimnástica 29º Celta Atletismo, e 42º Riazor Coruña
- Sub18 mulleres: 3º Ourense At., 4ª S.Gimnástica e 24ª Riazor Coruña e
- Sub16 homes: 2ºAtlética Lucense; 3º C.A.Sada; 14ºC.A.Narón
- Sub16 mulleres: 5ª Atlética Lucense 24ª A Gándara, e 48ª Ferrol Atletismo
- Remudas mixto: 17ºADAS CUPA, 19º S.Gimnástica 52º CCA Ría de Foz e 33º C.A.Sada