Saltar ao contido
Campionato de España

Os herdeiros da tradición voltan ao cros

Un total de 30 equipos galegos tomarán parte esta fin de semana no Campionato de España de campo a través por equipos que se levará a cabo no circuito burgalés de Arqueoloxía experimental de Atapuerca.  Esta edición, ademáis de ser clasificatoria para o Campionato de Europa de Cros de Lagoa 2025 -que se celebrará o 14 de deciembro, “será unha das más multitudinarias da historia, con 474 equipos e 200 clubes participantes” segundo a RFEA.

Na relación de equipos participantes, figuran os campións galegos e os mellores conxuntos clasificados do pasado campionato autonómico en A Rúa, atendendo ao cupo de participación asignado pola RFEA  para cada Federación. Eles son:

  • Absoluto homes: CCA Ría de Foz e CD Pinarium
  • Absoluto mulleres: ADAS CUPA, S.Gimnástica e SD Compostela
  • Sub23 homes: C.A.Narón e Celta Atletismo
  • Sub20 homes: A.D.Fogar e C.A.Narón
  • Sub20 mulleres: Atlética Lucense
  • Sub18 homes: Celta Atletismo, S.Gimnástica e Riazor Coruña
  • Sub18 mulleres: Ourense At., Riazor Coruña e S.Gimnástica
  • Sub16 homes: Atlética Lucense, C.A.Narón e C.A.Sada
  • Sub16 mulleres: A Gándara, Atlética Lucense e Ferrol Atletismo
  • Remudas mixto: ADAS CUPA; CCA Ría de Foz; C.A.Sada e S.Gimnástica

Unha historial con acento moi galego

Desde o ano 1966 no que se disputaba a primeira edición do Campionato de España por clubs en Madrid, un total de 52 equipos galegos lograban proclamarse campións de España nalgunha das categorías ao longo destos cincuenta e nove anos.

En concreto, foi o equipo vigués do New Balance (nas súas distintas denominacións de NB-San Miguel de Oia e NB-A.C.) quen desde finais dos oitenta e principios dos noventa, impuxo a súa inapelable hexemonía que o conduciría a lograr  un total de  20 campionatos (21 se contamos o cros curto masculino do ano 2015) nas categorías absolutas, Sub23 e Sub20. O mítico equipo galego, que baixo a dirección técnica de Alfonso Ortega, chegou a contar ca presenza das grandes lendas do noso deporte tales como Julia Vaquero, Estela Estévez, Alejandro Gómez, Carlos Adán ou Carlos de la Torre entre outros, evidenciou como ningún a época dourada do campo a través galego.

Outro dos equipos destacados en canto a palmarés neste campionato, é o tamén conxunto vigués do Celta Atletismo, quen suma nas súas vitrinas un total de 19 títulos (11 en homes e 8 en mulleres). A formación celeste, tivo a honra de ser o primeiro equipo galego en proclamarse campión de España absoluto no ano 1968 e ademáis en ambas categorías, éxito que repetía na seguinte edición.

Xunto eles, o resto de equipos galegos que lograban algún título de España foron a Sociedad Gimnástica, no ano 1996 (Sub23 feminino) e no 1997 (Sub16 masculino); Atletismo Sierra Narón no 1997  (Sub20 mulleres); Vila de Cangas no 1998 (Sub18 homes); 1999 (Sub20 mulleres)  e 1999  (Sub16 mulleres); Mercantil de Vigo 1999 (Sub18 homes); Universidade de Santiago 2001 (Sub23 mulleres); Comesaña S.C. no 2004  (Sub20 mulleres); Ourense Atletismo no 2007 (Sub23 homes); Val Miñor no 2009 (Sub16 mulleres) e Atlética Lucense no 2021 (Sub16 mulleres), sendo o último equipo galego en lograr un título de España o ADAS CUPA no ano 2023 na categoría Sub23 mulleres.

New Balance. un grupo de cross de campanillas. Emlio Navaza “Vida atletica en Galicia”

 

Compartir