Angrois pon punto e peche ao Corresán 2025

No día de mañán A Ruta da Prata-Angrois será o escenario da celebración da quinta e última etapa correspondente ao Circuito de Carreiras Saudables Corresan2025 que este ano chegaba a súa décimo primeira edición.
Durante un total de catro probas previas que pasaban polo Barrio do Conxo, Nocturna Cidade vella, Ruta dos parques eBarrio de San Pedro, varios milleiros de participantes tomaban parte nesta edición que volve pechar cun récord de participación e que o consolidan como un dos circuitos urbanos con máis importancia dentro do calendario oficial de competición autonómico.
Lembramos que o Circuito Corresán naceu fai nove anos como un elemento para concienciar á cidadanía sobre os beneficios que a actividade física regular provoca na mellora da calidade de vida entre os seus practicantes. Baixo a idea e patrocinio do Concello de Santiago e a organización da Federacion Galega, a gran acollida que tivo animou a seguir apostando ano tras ano por este formato que atende as demandas e necesidades do gran colectivo atlético de ruta da comarca de Santiago e arredores.
Etapa decisiva
A carreira absoluta dará comezo mañá sábado ás 17:00 horas baixo unha distancia de algo máis de 5.000 m. e servirá para determinar si finalmente é Ainoa Gontán do SD Compostela ou Andreia Ramos do Fontes do SAR a que se proclame gañadora do circuito. Na categoría masculina Yago García do C.A. O Pino intentará lograr o pleno de victorias, que fan del matematicamente, o gañador deste 2025 revalidando o triunfo logrado no ano pasado.