Ourense vibrou ca súa San Martiño

Ourense volveu botarse ás rúas para vivir unha nova edición da XLVIII Carreira Popular do San Martiño, unha cita que, ano tras ano, consolídase como a proba máis importante do atletismo popular en Galicia e un auténtico aceno de identidade da cidade.
Máis de 6.500 corredores —desde atletas de elite ata familias e afeccionados— encheron as rúas nunha xornada marcada polo ambiente festivo e a emoción do deporte compartido. Máis que unha competición, a San Martiño é unha festa do atletismo popular, un reflexo do espírito participativo e acolledor de Ourense.
Triunfaron os favoritos
No plano deportivo, a atleta olímpica Ester Navarrete (Puma) asinou un triunfo contundente por terceira vez consecutiva na categoría absoluta feminina. Navarrete dominou a proba desde o inicio e cruzou a meta con máis dun minuto de vantaxe sobre a tamén olímpica Alice Finot, que nun axustado sprint final superaba a Eva Piñel, ambas do Celta Atletismo. Na categoría masculina, a vitoria foi para David de la Fuente (C.D. Pinarium), que repite triunfo tras o seu recente éxito na Pedestre de Santiago, confirmando o seu gran estado de forma. Completaron o podio Iván Puentes e Yago García, nunha carreira de moita emoción.
Cun gran graballo organizativo levado a cabo por parte do Concello de Ourense, a Carreira Popular do San Martiño volveu demostrar por que é o evento deportivo máis emblemático da cidade e un referente no calendario atlético galego.
Gañadores por categorías
- Absoluta. Esther Navarrete (Puma) e David de la Fuente (CD Pinarium)
- Senior. Alice Finot (Celta At.) e David de la Fuente (Pinarium)
- Sub23. Carla Guisande e Yago I. García (At. Pino)
- Sub20. Emma Méndez ( At. Lucense) e Sergio Quintas (CD La Purísima)
- Sub18. Sabela Castelo (Ourense At.) e Alejandro Santos (S.Gimnástica)
- Sub16. Usúe Bernárdez (IES As Lagoas) Martí Miguens (At. Obradoiro)
- Sub14. Daniela González (CD La Purísima) e Migel Diz (At. Ría de Foz)
- Sub12. Noa Salgado (Mª Auxiliadora) e Mauro García (CPR Luis Vives)
- Sub10. Maia Garrido (Mestre Vide) e Adrían Rodríguez (At. Obradoiro)
- Máster35. Esther Navarrete (Puma) e Emilio Pérez
- Master40. Begoña Domínguez (Ourense At.) e Alex Fernández
- Máster45. Ana Isabel Soutullo e Javier Paredes do Ourense Atletismo
- Máster50.Sonia Teijeiro (C.D La Purísima) e Federico Losada (C.D.Biosbardo)
- Máster55. Purificación Ánegas (C.do Miño) e José Nercellas (ADAS CUPA)
- Máster60. Esther Pedrosa (Dawako) e José Suárez (S.D.Compostela)
- Máster65.Celina Rodríguez (Moraña R.) e Arlindo Riveiro (Castrelos 20:30)
- Máster70. Mª Carmen Rodríguez (Viaqua) e Xosé Luis Otero (C.A.Santiago)
- Mellores Ourensáns: Itziar Manso (Ourense At.) e Alex Fernández
Foto: La Región