Éxito organizativo e participativo do VI Congreso de Xuíces

O pasado sábado celebrouse na Facultade de Humanidades da Universidade de Santiago de Compostela (USC), en Lugo, o VI Congreso de Xuíces de Atletismo, un evento que resultou ser un éxito tanto a nivel organizativo como participativo, reunindo a máis dun cento de asistentes, moitos deles procedentes de diferentes comunidades autónomas.
Ao acto de benvida acudiu o presidente da Federación Galega de Atletismo (FGA), Iván Sanmartín quen estivo acompañado polo tamén presidente do Comité Galego de Xuíces (CGX) Angel López-Montesinos e o Director do Congreso, Eloy Bretal. De igual modo tamén acudiron representantes das principais institucións públicas colaboradoras: Javier Vázquez (Xunta de Galicia), Efrén Castro (Deputación de Lugo) así como Francisco Fraga e Antonio Álvarez en representación da USC.
A nivel organizativo, o congreso desenvolveuse baixo un gran ambiente de aprendizaxe e convivencia, combinando sesións teóricas e prácticas. Durante o mesmo, estiveron intervindo como relatores recoñecidos xuíces internacionais que falaron sobre diversas cuestións de relevancia, como as últimas modificacións do regulamento internacional ou o control de probas de Trail Running a nivel autonómico e estatal, entre outros temas técnicos de interese.
Xa pola tarde o desenvolvemento de diversos supostos prácticos, puxo o punto e peche a unha edición que se consolida como un importante referente na formación e actualización do colectivo de xuíces e na que o atletismo galego, é pioneiro