Saltar ao contido
Campo a través

O campo a través pide paso

Como cada ano por estas data os amantes da modalidade de campo a través están de noraboa xa que unha variada e importante oferta está xa en marcha para esta nova tempada.

A primeira proba do calendario invernal autonómico arrincaba o pasado día 12 de outubro na que se disputaba en Ourense o VII Campionato Xunta de Galicia de campo a través de remudas mixto, conxuntamente ca Copa Deputación Ourense, e que servían para inaugurar oficialmente o calendario desta modalidade.

Xunta a estas probas, están calendadas ata o momento, un total de dez carreiras entre as que destaca a celebración do Campionato Xunta de Galicia Absoluto para o vindeiro día 3 de xaneiro, con sede por designar, e que servirá como antesala da celebración do Campionato de España que tanto a nivel individual, como de seleccións galegas, acollerá o vindeiro 24 de xaneiro a localidade granadina de Almodovar del Río. A outra cita galega importante corresponde á celebración do clásico Memorial Alejandro Lorenzo quen decidirá os títulos das categorías base galegas Sub14, Sub12 e Sub10.

Os máster terán que agaradar ata o 24 de xaneiro para celebrar o seu campionato galego que de igual modo, servirá para acudir ao Campionato de España Máster catorce días despois en Hornachuelos.

Lugo ca súa Ponte Romana, Pontevedra co cros cidade de Pontevedra, Pereiro de Aguiar co Cros Guillelme Brown, Vigo co Memorial Belarmino Alonso,  e as distintas fases dos XOGADE, completan a programación autonómica ata o momento.

Citas internacionais

A nivel internacional, compre salientar a celebración tanto do Campionato de Europa para o día 14 de decembro en Portugal como a disputa do Campionato do Mundo que marcha ata terras estadounidenses o día 10 de xaneiro. Xunto a estas importantes citas, os atletas universitarios contarán co seu campionato mundial en Italia o 14 de marzo,  e os clubs loitarán por facerse co título europeo o día 8 de febreiro en sede ainda por determinar.

Calendario oficial FGA

Compartir