Saltar ao contido
Clubs

O C.A.Sada no podio do Campionato de España máster mixto

Excelente resultado o logrado esta fin de semana polo equipo do Club Atletismo Sada que tomaba parte no Campionato de España Máster mixto por clubs nas pistas de atletismo de San Cristobal da localidade tinerfeña de La Laguna.

Nun campionato que a mesma entidade calificaba de “…moi loitado, cheo de emoción, esforzo e compañeirismo, no que o noso equipo deu o mellor de si en cada proba” o conxunto das Mariñas lograba o terceiro lugar do encontro que era domiñado polo equipo gañador no 2023 e subcampión no 2024, o Catarroja UE cun total de 190 puntos, ocupando o segundo posto o equipo local de Aguere con 181 puntos.

Os sadenses sumaban no computo xeral 170 puntos sendo o máis destacada as actuacións de José Juan Vila quen nos 3000 m. lograba un porcentaxe de 86,92 e un 86,55 nos 1500%, Fernando Míguez nos 200 m. cun 86,29%; Jacinto Parga nos 400 m. cun 83,66%; María de los Angeles Rodríguez nos 2.000 obstáculos cun 83,50%; Montse Fernández nos 100 m. cun 83,29% e Conchi Campos en marcha cun 80,02%.

Resultados

 

Compartir