Celebrada a Asemblea Xeral da FGA

Esta fin de semana celebrouse no Auditorio do Salón de actos da Federación Galega de Fútbol de Santiago, a Asemblea Xeral da Federación Galega de Atletismo que xuntou a trinta e dous representantes de todos os estamentos do atletismo galego.
Na mesma, o presidente Iván Sanmartín, daba a benvida aos distintos asistentes dándose paso de seguido ao seu desenvolvemento.
Durante a duración, fóronse debatendo e aprobando os distintos puntos da orden do día, en especial os orzamentos para o 2026 que foron presentados como garante de continuidade e estabilidade dos distintos proxectos levados a cabo nos últimos anos e que atenden as demandas dun maior incremento, tanto do número de licenzas como de actividade.
O presidente tamén aproveitaba a asemblea para facer un repaso en canto aos resultados deportivos deste 2025, salientando a gran actuación da nosa Selección galega no seu conxunto da que puxo en relieve a enorme calidade dunha nova xeración de atletas “cun enorme futuro por diante”. Neste senso, apostábase por continuar, e mesmo incrementar, os seguimentos periódicos que a nivel técnico se siguen facendo en cada un dos sectores.
Momento especial foi o minuto de silenzo agardado por todas e todos aqueles que durante este 2025 deixaron de estar con nós, e na que a recentemente falecida Emilia Mesa, estivo na mente de todos
O calendario de competicións foi tamén tratado a nivel asemblear, poñéndose de manifesto a importancia da formación de novos xuíces que ” atendan ó cada vez maior número de probas federadas”. Por elo destacábase a organización do curso de formación de xuíces para finais deste ano, “que está contando cun excelente número de inscritos”.
Durante a asemblea tamén foron aprobadas a normativa e as coutas de licenzas para o 2026, así como as normas técnicas e a normativa para o trail running.
Logo de cinco horas de xuntanza, Iván Sanmartín pechaba o último punto da orde do día, aproveitando a ocasión para expresar as grazas polo excelente clima de diálogo e entendemento acontecido durante o desenvolvemento da mesma.