Saltar ao contido
Campionato Internacional

Gran balance para as máster galegas e galegos no europeo de Madeira

Madeira, estivo acollendo desde o día 8 ata o 19 de outubro o Campionato de Europa máster ao que acudiron unha nutrida representación de atletas galegos e galegas. Dos trinta e sete que viaxaron ata a illa atlántica, voltouse cun balance total de vinte unha medallas no individual e colectivo (catro ouros, oito pratas, nove bronces) lográndose ademáis catro récords galegos e dous de España o que representa un magnífico resultado.

Boas actuacións a nivel xeral

A nivel xeral lograronse moi boas actuacións. Entre elas destacan a realizada por Sergio Rodríguez que rexistraba unha nova plusmarca galega nas semifinais dos 200 m. M35  de 21.95 que lle permitían acceder á final na que finalmente lograría a medalla de prata.

Juan Manuel Morales voltaba con dous novos metais, desta vez de prata, sobre as probas de marcha dos 10K e dos 5.000 m. proba esta última, na que lograba unha mellora da anterior plusmarca que el mismo tiña, para deixala en 21:47.51

Basi Bernárdez, foi outros dos atletas que lograban excelentes actuacións xa que as súas dúas medallas de prata sobre os concursos de lonxitude e triplo M50, sumaba o récord galego sobre esta última con 12.50 m.

O galego con máis idade en tomar parte, Pablo Fervenza, aprobeitaba a súa viaxe para participar en catro probas  (10K, 10.000 m., cros e 2000 obstáculos) das que lograba subir ao podio no cross (3º) e nos obstáculos (2º), proba esta última na que melloraba o récord galego en 9:14.70.

A maiores, compre salientar os títulos europeos individuais logrados polo plusmarquista galego absoluto en triplo, Alfonso Palomanes quen marchaba ata os 14.35 m. na M35. Tamén sumaban títulos de campións de Europa a nivel de equipos Manuel Paredes na Media marathon M55; María de los Ángles Rodríguez no Cros F65 e María Mesías nas remudas 4×400 F45.

Récords de España

 

Un apunte, el récord de España (4:32.10) se batió en el 4×400 mixto 60 con una cuarta plaza, y no en el 4×400 femenino, donde sí se alcanzó la medalla de bronce.

A nivel colectivo lograronse un total de dous récords de España, un dos cales, foi parar ao equipo de remudas dos 4×400 F45 quenes lograban tanto o título continental como a plusmarca estatal e do que formaba parte María Mesías. De igual modo Montse Fernández e Lina García foron determinantes para que nos 4×100 F55 o equipo de España lograra un novo récord con 58.22 que lles daba a quinta posición da final.

Por último e sen abandoar os 4×400 Luz María Domínguez e Esther Pedrosa lograban un récord de España nos 4×400 mixto F60 con 4:32.10 repetindo ambalas dúas a mesma excelente actuación no 4×400 feminino, no que si subirían ao podio na terceira posición.

Compartir