Presentouse o Gran Fondo Caixabank deste domingo

No día de hoxe tivo lugar a presentación da proba XLIII Gran Fondo Caixabank- XXX Media maratón de Ponteveda – VI 10K ,organizado polo Concello de Pontevedra e Sociedad Gimnástica, que percorrerá as rúas do concello este domingo día 19 de outubro.
No acto de presentación, que contou ca asistencia de varias autoridades e patrocinadores, estivo presente o Presidente da FGA Iván Sanmartín quen puxo en valor a importancia desta proba que conta con algo máis de 2000 incritos ” o que pon de manifesto o gran traballo e a implicación tanto do Concello de Pontevedra como autoridades, organizadores, patrocinadores e voluntarios que fan posible que Pontevedra conte cunha proba dun gran nivel que se suma as xa existentes no calendario galego de probas federadas.” Sanmartín tivo palabras de eloxio tamén para a Sociedad Gimnástica de Pontevedra ” todo un referente non só a nivel competitivo, si non tamén, pola seu gran traballo de labor social na cidade”
A carreira
No referente á carreira, hai un total de 2.035 anotados no proba do Gran Fondo Caixabank, deles 1.196 corresponden ao media maratón; 665 aos 10K. e 147 ás categorías de menores. Desde a organización salientase que por segundo ano consecutivo, a proba conseguía colgar o cartel de completo na proba de 10K, malia contar cun cento de prazas máis que con respecto ao 2014. A vez que contou con máis participación foi na pasada edición con 1.987 atletas.
As probas darán comezo a carón do CGTD de Pontevedra ás 10:15 h. ca carreira de cativos, para dar paso a carreira dos 10K ás 10:35 h; o Mini Gran Fondo ás 10:35 horas e rematar ás 11.00 h. ca saída da medio maratón.