Lugo acolle o VI Congreso Técnico de Xuíces de Atletismo

A Federación Galega de Atletismo, a través do seu Comité Galego de Xuíces, e ca colaboración da Universidade de Santiago de Compostela e Concello de Lugo, organiza unha nova edición do Congreso Técnico de Xuíces de Atletismo que terá lugar o vindeiro 8 de novembro de 2025 na Facultade de Humanidades do campus da USC en Lugo (ubicación).
Espazo de formación e encontro.
O congreso que pretende ser un escenario de formación, encontro, actualización e aprendizaxe do colectivo, contará ca presenza de importantes poñentes aos que se sumarán xuíces internacionais tanto do Comité Nacional como do Comité Galego o que pon de manifesto a calidade deste importante acontecemento.
Con esta edición, o congreso achégase a súa sexta edición logo das celebradas no ano 2012 en Pontevedra, no 2014 en A Coruña, no 2016 en Ourense, no 2018 en Pontevedra e por último na do 2023 que se celebraría en Santiago
Desde o CGX anímase a asistir a tódolos xuíces con licenza, tanto galegos como doutras cominidades, a este evento que é pioneiro e que marca todo un referente a nivel Estatal. Para facilitar a súa asistencia, a Federación Galega de Atletismo farase cargo dos gastos de transporte e xantar a todos os xuíces con licenza activa pola FGA na tempada 2025, segundo a normativa vixente de desprazamentos.
As inscricións estarán abertas ata o vindeiro día 20 de outubro