Saltar ao contido
Carreiras Populares

Conta atrás para a Pedestre Popular de Santiago

No día de onte tivo lugar a presentación da Carreira Pedestre Popular de Santiago que contou ca presenza do Presidente da FGA Iván Sanmartín; a do secretario xeral para o Deporte Jose Ramón Lete; a da concelleira de deportes de Santiago Pilar Lueiro; a da directora de Promoción de Turismo de Galicia Carmen Pita, e a do Director de El Correo Gallego Xaime Leiro.

Durante a intervención, todos os asistentes puxeron en valor a calidade desta proba que forma parte das “grandes clásicas” do calendario federado de probas en ruta. Iván Sanmartín, centrábase no feito  de que na Pedestre participan atletas de nivel internacional actualmente en activo, como «Adrián Ben, que sempre ten lembranzas para esta gran proba e que xunto a Ester Navarrete, Tariku Novales e tantos outros atletas internacionais e mesmo olímpicos, pasaron por esta gran proba”

Unha das clásicas máis importantes do calendario galego

A carreira celebrará o vindeiro domingo 26 de outubro a súa catroxésima sexta edición baixo un gran ambente participativo na que o rendemento e o lecer irán da man. Prevese que máis de tres mil atletas tomen a saída as 10:00 horas desde a avenida de San Xoán na procura da meta que estará ubicada a doce quilómetros, como ben sendo habitual,  na icónica Praza do Obradoiro. Entre as motivacións, ademáis de poder disfrutar dun incrible circuito que percorre rúas declaradas Patrominio da Humanidade, estarán os importantes premios económicos que van desde os 800 € ao gañador masculino e feminino  ata os 150 € dos séxtos, sétimos oitavos clasificados e clasificadas.

Prazo de inscrición e recollida de dorsáis

Lembramos que o prazo para as incricións continúan abertas ata o domingo día 19, podéndose facer a través  da ligazón  oficial da carreira. Ademáis, e previa formalización da inscrición nos prazos establecidos, poderanse recoller os dorsais en Deportes do Corte Inglés Santiago (planta baixa), o venres 24 de 10.30 a 22.00 horas e o sábado 25 de 10:00 a 22:00 horas. Tamén se poderán recoller o domingo, día 26, desde as 8:15 ata as 9:15 h, na Praza do Obradoiro.

INSCRICIÓNS

Compartir