O G.P. Cantones mellor proba mundial do ano segundo a World Athletics

Ca posta en marcha da nova tempada invernal neste 2025, é momento de facer balance, quitar conclusións e poñer nota, ao conxunto de probas de rango internacional que se viñeron celebrando ao longo de toda a tempada. De todo elo, encárgase o máximo organismo do atletismo mundial, a World Athletics, quen acaba de facer públicas as distintas puntuacións emitidas en base a distintos criterios e estándares de calidade e que volven a situar un ano máis ao Gran Premio Internacional de Marcha Cantones de A Coruña- Trofeo Sergio Vázquez na súa trixésimo sétima edición, como a primeira proba a nivel mundial de todas as celebradas na modalidade de marcha en ruta.
A lista na que figuran un total de 108 probas desenvoltas nos continentes de Europa, Africa, Asia, America e Oceanía, está encabezada pola mítica proba coruñesa quen acumula un gran número de distincións e recoñecementos entre os que destaca a Placa Patrimonio Mundial do Atletismo, concedido pola Word Atletics no ano 2019 e que luce, orgullosa e visible, aos pés do circuito. A candidatura coruñesa suma un total de 10.618 puntos polos 10.529 p. da segunda proba clasificada que non é outra que o Campionato de Europa de marcha que se disputou na localidade checa de Podebrady. A Chinase Race Walking Gran Prix de Taicang en China con 10.474 puntos, pecha o podio desta lista mundial.
Máis probas galegas
A maiores, na mesma lista, figuran dúas probas galegas que acadan unha importante clasificación. En concreto, trátase do Campionato de España de Marcha en ruta celebrado o pasado día 09 de marzo en Marín e cuxa baremación, sitúao no posto décimo quinto do ranking mundial cun total de 9.364 puntos. Nesa mesma data e escenario, o concello marinense tamén organizaba a proba do Campionato de España Sub16 e Sub20 por Federacións, incluída en calendario internacional, e na que recibiría por parte do máximo organismo atlético mundial, unha puntuación de 8.300 puntos que o sitúan no posto cincuenta da lista mundial.