Saltar ao contido
Campionato de Galicia

A Gimnástica revalida título no autonómico de remudas mixto de cros

O circuito de O Aguillón, pertencente ao Concello de A Rúa, daba acollida esta fin de semana a sétima edición correspondente ao Campionato Xunta de Galicia de Campo a Través de remudas mixto que sobre unha distancia de 6000 m. xuntaba a un total de seis formacións.

Nun día de sol de altas temperaturas, o conxunto da Sociedad Gimnástica de Pontevedra formado por Carlos Porto, María Carballido, Pedro Osorio e Paula de la Torre, lograba revalidar o título logrado o ano pasado en Ames quitando catro segundos de ventaxe sobre o segundo clasificado, o ADAS CUPA, e un minuto e tres segundos sobre o C.A.Sada quen ocupaba a terceira posición.

Este campionato contaba co endadido de ser valedeiro para a clasificación do Campionato de Españas da modalidade que se celebrará o vindeiro día 23 de novembro na localidade burgalesa de Atapuerca e na que os tres primeiros conxuntos teñen praza garantida.

O resto de posisións corresponderon aos equipos de Ría de Foz (4º); Agrupación Viguesa (5ª) e CD La Purísima que remataba na sexta posición

Compartir