Saltar ao contido
Campionato Internacional

Corenta másters viaxan ao europeo de Madeira

Un total de corenta atletas galegas e galegos tomarán parte a partir de hoxe nos Campionatos de Europa máster que se disputarán na illa portuguesa de Madeira na procura dun bo resultado neste último treito do ano.

A nivel de participación, este número representa un dos máis altos  para o noso atletismo ao igual que acontece co conxunto do Estado, cuxa suma de 427, é a máis alta da súa historia, tan só superada por Italia e Alemaña. Neste certame, que se levará  cabo entre os días 8 e 19 de outubro, estarán compitindo un total de 4141 atletas en representación de 40 paises.

De entre a relación de galegas e galegos inscritos que estarán en Madeira, destaca a participación do campión e plusmarquista mundial M45 Juan Manuel Morales do Marineda At. (29 medallas internacionais) que tomará parte nas probas dos 5.000 m. e 10.000 marcha nas que a priori, pelaxará xunto ao portugués Joao Vieira, -participante en Tokio- polo título continental.

De igual modo tamén estará presente Esther Pedrosa do Club Dawako, que acumula algo máis de 35 medallas internacionais  (dazasete en europeos) así como varias plusmarcas mundiais e que buscará na illa atlántica, ampliar o seu gran palmarés nas probas de 800 m., 1.500 m. e 5.000 na categoría F65.

Xunto aos citados, tamén estará presente a subcampiona de Europa máster nos 2.000 obstáculos F65 da pasada edición de Pescara-2023, Ángeles Rodríguez do C.A.Sada, quen estará participando, ademáis dos obstáculos, nas probas de xavelina e de cros.

Pablo Fervenza do Samertolameu pola súa banda, será outro dos medallistas do pasado europeo, e a quen podremos ver tomando parte sobre as distancias longas da categoría M70.

 

 

Compartir