Saltar ao contido
Carreiras Populares

Presentouse a XLVIII Carreira Pedestre Popular San Martiño

No día de hoxe tivo lugar a presentación da clásica Carreira Popular da San Martiño que este ano terá o pistoletazo de saída  o vindeiro 9 de novembro as 11:00 horas desde a habitual Ponte do Milenium.

O acto, que pon o reloxo en conta atrás, tivo lugar no Salón de Plenos do Concello de Ourense, contando ca presenza do Alcalde da cidade Gonzalo Pérez; a do Concelleiro de Deportes Aníbal Pereira; a do Delegado da Xunta en Ourense Manuel Pérez, así como a dos representante da Deputación Provincial Enrique Álvarez e a do Vicepresidente da FGA Eladio Gómez, ademáis de patrocinadores e colaboradores.

Durante a presentación, estiveron falando as distintas autoridades que puxeron en valor a importancia que para a cidade e a provincia en xeral representa contar ca proba máis importante en canto a número de participantes, marcando como obxectivo para este 2025, superar a barreira dos seis mil corredores.

Novidades

Durante a presentación, tamén se falou dalgunhas das novidades previstas entre as que destacan o feito de que haberá un novo percorrido, perfectamente homologado, por mor das obras que se están acometendo na avenida de Portugal. Por elo, o último treito da carreira será de tres quilómetros liniais que irán desde Mariñamansa á liña de meta que se instalará na praza de Concepción Arenal. Con estas medidas “Lonxe de perxudicar o treito habitual, gañarase un circuíto máis rápido e do agrado dos participantes” según os intervintes

Outras das novas introducidas é a que ten que ver cas categorías. Para esta edición creanse dúas novas,  a Máster 65 (de 65 a 69 anos) e a máster 70 (de 70 anos en adiante) que pretende favorecer o importante número de atletas desas idades que acuden a cita ourensá.

De igual modo, e tamén co fin de potenciar a participación, ás categorías de menores dividiranse en carreiras individuais para os Sub18, Sub16 e Sub14 que percorrerán unha distancia de 4,5 Km. e os Sub12 e Sub10 que o farán sobre 1,1 Km.

Un dos fins desta importante proba, é a de favorecer a inclusión de todas a quelas persoas que teñan  algún tipo de limitación para o cal haberá unha categoría inclusiva sobre unha distancia de 1,1 Km.

Como todos os anos, contarase con importantes premios en metálico así como unha clasificación por colexios, habilitándose de igual modo unha couta solidaria e un dorsal 0 que será destinada a fins benéficos.

Inscricións

As inscricións realizaranse até o 2 de novembro a través da páxina de Carreiras Galegas. O custe será de 5 € ata o 22 de outubro e de 7 € despois desa data.

Inscricións e regulamento

Compartir