Saltar ao contido
Tecnificación

O sector de TR celebrou unha xornada técnica en A Fonsagrada

O pasado sábado organizouse no Concello de A Fonsagrada unha sesión técnica de trail running dirixida polo responsable do Sector Iván Sangiao.

A xornada, que forma parte do Plan Galego de Tecnificación Atlética, xuntou a preto de vintecinco persoas que estiveron ao longo da xornada de mañá e tarde asistindo tanto a sesións prácticas como teórico prácticas.

Entre os aspectos prácticos, que se estiveron desenvolvendo destacaron os seguintes puntos tratados:

  • Técnica de carreira trail e carreiras de montaña, aplicación e biomecánica
  • Segmentacións técnicas para uphill e downhill
  • Traballo específico sobre planos laterais
  • Adecuación e hixiene postural
  • Rutinas específicas de traballo sobre o terreo, individual e en equipo
  • Economía e xestión de carreira segundo as especificidades do corredor

Xa pola tarde, a xornada discurriría cunha sesión teórico práctica na que, entre outros, se fixo énfase na análise e tipoloxía de carreiras, calendario anual e periodización da tempada, así como os distintos exercicios individuais e grupais, rematando ca posta en común das distintas dúbidas xurdidas.

Circular

Compartir