Coruña10 abre a tempada das grandes probas en ruta

O Concello da Coruña e a Federación Galega de Atletismo organizarán este domingo día 5 de outubro, unha nova edición de Coruña10, que se achega este ano a súa décimo novena edición. A proba, que pasa por ser unha das carreiras máis importantes do calendario pedestre galego, suma nesta ocasión un total de 3641 inscritos os cales tomarán as principais rúas do concello herculino a partires das das 10:00 h. na proba absoluta, e 11:45 h. para o resto de probas de categoría menores. Precisamente este número de participantes, representa o segundo mellor rexistro no historial da proba nunha acentuada tendencia alcista, só por detrás dos 3.289 da primeira edición do ano 2017.
Como cada ano, un destacado plantel de atletas estará disputando o triunfo entre os cales se atopa a olímpica e campioa de Europa de maratón por equipos Ester Navarrete. Xunto á viguesa, tamén tomará a saída o campión de España en 10K nos anos 2019 e 2021 Jesús Olmos ou Lidia Campo, actual campioa de España da distancia.
A proba, incluída no calendario oficial das competicións da FGA e a RFEA, disputarase a través dun circuíto totalmente urbano, tendo a línea de saída na avenida de Montoto e percorrido polos Cantóns, Linares Rivas, avenida do Exército, a estrada do peirao de San Diego e, xa a continuación, volta polo interior dos peiraos e regreso ao Parrote a través dos Cantóns.