Saltar ao contido
Campionato Internacional

As atletas galegas destacan nos mundiais de Para Atletismo

Si fai unhas datas pechabamos o Campionato do Mundo de Atletismo salientando o excelente balance dos nosos representates, non menos destacable resultou a actuación das nosas tres Para atletas  no Campionato do Mundo que se está a desenvolver na cidade india de Nova Delhi,  á que a Selección española acudía cun total de 29 atletas en representación das Federacións Españolas de Deportes para Cegos (FEDC),  de Deportes para Personas con Discapacidade Física (FEDDF)  e da Federación Española de Deportes para Personas con Discapacidade Intelectual (FEDDI)

Ata alí foron conovocadas ás nosas representantes Adi Iglesias nos 100 e 200 m. T13; Desi Vila en lonxitude T63 e Ana Varela nos 1.500 m. T11

A actuación máis destacada das nosas representantes foi a que protagonizaba Ana Varela e o seu guía Luis Pinedo quenes na final dos 1.500 m. (T.11) lograban unha extraordinaria 4ª posición rematando ás portas do podio cun tempo de 4:15.76 no que representaba o debut internacional da atleta galega.

Seguindo ca actuación das galegas, a viguesa Desi Vila completaba unha excelente participación sobre o foso de lonxitude do Estadio Jawaharlal Nehru. Comezaba o concurso cun 4.40 m. que daban paso a tres nulos. No quinto salto, e xa máis relaxada, chegaba ata uns 4.37 m. que daban paso ao que sería, ata o momento, ao máis longo da súa carreira deportiva con 4.56 m. Con este gran salto lograba ademáis da sexta posición da clasificación xeral, un novo récord de España.

Para rematar, a mala fortuna cebouse neste campionato ca nosa bimedallista Paralímpica Adi Iglesias quen partía como unha das serias aspirantes ao título tanto na proba dos 100 como na dos 200 m. Novamente os isquios, que xa lle derán máis dun problema, impediron á lucense rendir ao máximo nivel na final dos 100 m. que apenas puido rematar con 13.74, logrando malia elo, un posto de finalista. Ela mesma anunciaba a través das súas RRSS a renuncia a tomar parte nos 200 m.

Como resumo, sabor agridoce pola lesión de Adi Iglesias, pero que pon en valor o gran campionato realizado tanto por parte de Desi como de Ana, situándoas nos postos top das súas respectivas probas a nivel mundial.

Compartir