A formación de novos xuíces, eixo estratéxico para o 2026

Ca chegada practicamente do mes de outubro, marcarase oficiosamemte unha nova tempada invernal atlética na que as probas de campo a través e de pista curta, convertiranse nunhas das protagonistas principais da campaña invernal.
A efectos de calendario, desde a Federación se leva traballando desde fai meses na programación dunha ampla oferta de probas que cubra todas as necesidades e demandas das distintas modalidades do noso deporte para este último treito de ano e comezo do 2026.
Un dos principais motivos de preocupación que cada ano se plantexa, é o de poder cubrir e atender a cada vez máis crecente e numerosa demanda de probas que forman parte do calendario oficial da Federación Galega de Atletismo, e que ca recente incorporación das distintas modalidades de TR, está a conlevar un dobre esforzo de recursos loxísticos e humanos.
Precisamente, sobre este último aspecto, estase centrando todos os esforzos federativos que pasan pola formación de novos xuíces co obxectivo centrado en reforzar e incrementen o plantel existen na actualidade de 250 licencias en vigor.
Para elo, o Comité Galego de Xuices, organizará para o vindeiro día 29 de novembro un exame de Nivel 1 (o máis básico) aberto a todas aquelas persoas amantes ou gustosas do noso deporte que desexen formar parte desta federación.
Para elo a través da ligazón desta páxina, pódese acceder a toda a información precisa do curso, incluidos os distintos vídeos elaborados polo propio CGX das clases así como a posibilidade de acudir a clases presenciais.
A formación de novos xuíces, gran obxectivo
O presidente da FGA Iván Sanmartín, salientaba recentemente as dificultades que por momentos entraña “asumir puntualmente algunha das máis de 350 probas oficiais que forman parte total do calendario oficial da Federación nas fins de semana”. Sobre este tema, apuntaba que ” Si por unha banda estamos satisfeitos do importante incremento de actividade experimentado neste 2025, por outra somos plenamente conscientes que debemos medrar de maneira sostible, ordenada e proporcinal ao incremento de medios e recursos materiais e humanos”
Precisamente sobre os recursos humanos, destacaba a parcela formativa que se están a levar a cabo cos distintos estamentos por parte do organismo federativo “Esta pasada fin de semana inaugurabamos no INEF de Bastiagueiro un novo curso no CEAGA na que contamos cunha trintena de alumnos formandose nos Ciclos de FP inicial e superior de Técnico Deportivo en Atletismo. En canto ao estamento de xuíces, novembro será un mes cargado de actividades formativas xa que por unha banda imos organizar a principios de mes o VI Congreso de xuíces e para finais, o exame de Nivel-1 de onde agardamos poidan saír un importante número de novos efectivos”