Iván Sanmartín inaugura un novo curso no CEAGA

O día de hoxe a facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Fisica ubicada en Oleiros e pertencente a Universidade de A Coruña, inauguraba oficialmente un novo curso para os distintos Ciclos inicial e superior de Técnico Deportivo en Atletismo. Durante o mesmo, o Presidente Iván Sanmartín, recibía aos novos alumnos e alumnas que xunto ao resto, estiveron neste acto de inauguración.
O Presidente da Federacion Galega, quen estivo a compañado polo Director Santiago Canicoba, o expresidente da FGA e impulsor do CEAGA Isidoro Hornillos e resto de profesorado, quixo por en valor a importancia de contar cun ciclo de Formación Profesional destas características que sitúan ao atletismo galego á cabeza deste tipo de formación a nivel federativo na nosa comunidade.
Durante a presentación, quixo agradecer a todos e todas a súa participación neste proxecto así como destacar o enorme traballo realizado para lograr facer realidade a oficialidade e homologación deste ciclo de Formación Profesional.
Sanmartín, remataba este acto de inauguración cun gran desexo compartido por todos os asistentes “Ogallá dentro de dez anos teñamos un colectivo de profesionais saídos de aquí, ao fronte do atletismo galego”