Saltar ao contido
Campionato Internacional Sen categoría

Ana, Adi e Desi xa se atopan na India para tomar parte nos Mundiais

A capital da India, Nueva Delhi, acollerá entre o sábado 27 de setembro e o domingo 5 de outubro o Campionato do Mundo de Atletismo Paralímpico que contará ca participación de máis de 1.000 deportistas achegados de máis dun cento de paises,  entre os cales estarán as nosas representantes Adi Iglesias, Desi Vila e Ana Varela xunto a unha treintena máis de atletas españois.

O equipo hispano estará formado por 27 atletas con discapacidade (15 homes e 12 mulleres) e cinco deportistas de apoio. Entre os máis laureados atopánse a campiona paralímpica en Tokio 2020 e plusmarquista galega absoluta dos 200 m. Adi Iglesias da Federación Española de Deportes para Cegos (FEDC) a quen veremos compartindo federación e campionato xunto á debutante internacional e varias veces campioa de España T11 da súa modalidade Ana Varela, inscrita na proba dos 1.500 m. e que viaxa acompañada polo seu técnico de apoio Luis Pinedo.

A terceira das galegas participantes é Desi Vila da Federación Española de deportes de Personas con Discapacidades Físicas (FEDDF) e a quen poidemos seguir, xunto a Ana Varela,  no pasado Campionato absoluto de atletismo celebrado en Santiago sobre a proba de lonxitude.

A competición celebrarase no Estadio JLN Stadium construido en 1982 para acoller os Xogos Asiáticos e remodelado en 2010 para a celebración dos Xogos da Commonwealth que conta cunha capacidade para 60.000 espectadores. O Mundial convertiráse no maior evento de deporte paralímpico celebrado naquel país.

As probas desenvolveranse en dobre sesión, a matinal será de 9:00 a 11:30 (5:30 a 8:00 en España) e a sesión vespertina terá lugar de 17:00 a 20:30 (13:30 a 16:50 hora española)

Horarios

 

Compartir