Sigue avanzando o XI Circuito de Carreiras Populares da Deputación da Coruña

Continúa avanzando un ano máis o Circuito de Carreiras Populares da Deputación da Coruña que este ano se achéga a súa décimo primeira edición.
No último treito do ano, e logo de que ata o momento se desenvolveran un total de 23 probas desde o pasado día 6 de abril, esta fin de semana serán as carreiras de Dombate e do O Pino, quenes xunten a preto de oitocentas persoas entre as dous eventos
Ata o momento a clasificación provisional absoluta masculina está liderada por Jaci Mello do At. Boimorto quen suma un total de 12 participacións e 73 puntos, seguido de Estebán Díaz do At. Narón con 8 carreiras e 52 puntos e de David de la Fuente do Pinarium con 4 carreitras e 40 puntos. Na categoría feminina é Tina Fernández do SD Compostela quen marcha ao fronte con 9 probas e 90 puntos sendo seguida por Raquel Ramos do At. Olimpia con 7 c. e 64 p. e por Elena Miguéns do C.A.Sar na terceira posicion con 9 c. e 54 puntos. Hai que ter en conta que esta clasificación esta suxeita a variacións xa que para obtar ós premios, compre ter participado nun total de vinte probas.
Moito ainda por disputar
Logo de ter pasado polos concellos de Toques, Vimianzo, Santa Comba, Padrón, Ponteceso, Frades, A Baña, Mazaricos, Dumbria, Ordes, Carballo, Zas, Valdoviño, Moeche, Carnota, Cee, A Laracha, Zas, Ares, Noia, A Pobra, Corcubión e Ferrol serán, como xa indicamos, os concellos de Cabana de Bergantiños e de O Pino quenes acollan probas esta fin de semana.
Malia estar no último cadrimestre deste 2025, este circuito ainda conta con probas moi interesantes e importantes por disputar, entre as cales destaca a de Ames do vindeiro 19 de outubro que será, ademáis de carreira popular, campionato de España Máster de 5K. A maiores teremos por diante as probas dos concellos de Ribeira (27 setembro); Amaía (4 de Outubro); Fisterra (12 de outubro); Lestrobe (18 de outubro); Rianxo (1 de novembro); Negreira (2 de novembro); Boiro (7 decembro); Porto do Son (21 de decembro) pechándose esta edición ca disputa en Neda da súa IV San Silvestre que esta ano entraba no circuito.