Dous récords e dezaseis medallas para os máster en Alcobendas

Un total de dous mellores marcas galegas e dezaseis medallas, é o balance da participación galega nos Campionatos de España máster de Probas combinadas, Pentatlón de lanzamentos, 10.000 m. e Milla en pista, desenvoltos durante esta fin de semana en Alcobendas.
Os títulos de España na modalidade de combinadas viñeron da man de Pepe Domínguez do Club A Silva, quen na categoría M50 realizaba un concurso de 5.691. O pontevedrés Carlos Ferrer do Samertolameu, era o segundo dos galegos en subir ao máis alto desta modalidade na categoría M65 grazas á suma dos seus 5.787 puntos. Na categoría feminina novamente Angeles Rodríguez do C.A.Sada, lograba engadir outro ouro á súa vitrina na categoría M65 con 2.608 puntos e que acabaría completando, co metal de prata sobre a modalidade de Milla.
Continuando co resto de especialidades, tamén tivemos campións de España nas distancias dos 10.000 m. e da Milla en pista. Pablo Fervenza do Samertolameu convertíase no mellor dos galegos en Alcobendas logo de proclamarse campión de España na categoría M70 tanto na Milla con 6:17.57, como nos 10.000 m. con 44:17.29. Xunto a Fervenza, estiveron tamen no máis do podio Soledad Castro do Comesaña na M60 dos 10.000 con 48:19.53; Esther Pedrosa do Dawako na milla M60 con 6:01.13 e Roberto Rey do Veteranos de Samil nos 10.000 M75 con 50:52.03, atleta este último, quen tamén sumaba unha prata sobre na Milla.
A maiores, Soledad Leiro colleitaba a prata F50 na proba de Milla e o bronce nos 10.000 m. que sumaban xunto aos tamén bronces de Javi Viteri en Pentatlon de lanzamentos M60; Manuel Suárez nos 10.000 m. M65 e Soledad Leiro nos 10.000 F50.
No resto de actuacións compre salientar os récords galegos de Marta Sureda do Samertolameu en Pentatlon de lanzamentos con 2.662 p. (medalla de prata) e de Xabier Díaz do Lucus Caixa Rural con 4:54.00 da Milla M50.
Foto, RFEA