A Deputación de Pontevedra pon en marcha o proxecto “O Noso club”

A Deputación Provincial de Pontevedra acaba de inaugurar o novo curso académico, e faino de igual modo co que remataba o anterior: apostando decididamente polo deporte.
Por todo elo acaba de inaugurar o proxecto deportivo ” O Noso Club” que consiste en ser “…algo máis que unha escola; trátase dunha canteira de deportistas e un aliado dos clubs e federacións da provincia” e que nace ca idea de ser “un espazo para xogar, aprender e compartir” segundo sinalan desde a Deputación.
A este proxecto súmanse un importante número de federacións, entre elas a de atletismo, cuxo presidente Iván Sanmartín, estivo hoxe precisamente na súa inauguración xunto ao tamén Presidente da Deputación Luis López e a vicepresidenta de Deportes, Economía e Impulso ao Emprego Luisa Sánchez entre outras e outros.
Segundo sinalan desde o organismo público “Queremos que cada nena e neno se sinta parte dun verdadeiro club, onde o importante non é gañar senón pasalo ben, facer amizades e gozar do seu deporte”
Para elo, o programa será totalmente de balde e accesible a todos os rapaces e rapazas de entre 6 a 16 anos que desexen formar parte del, e onde ademáis do atletismo, poderán escollerse as modalidades de baloncesto, balonmán, judo, loita, piragüismo, rugby, patinaxe ou taekwondo entre outros.
Mais info en :