Saltar ao contido
Campionato de Galicia Sen categoría

Laura Porto e David de la Fuente dominan o galego de milla en ruta

Gran xornada atlética en ruta a vivida esta fin de semana no Concello de Lourenzá que acollía por cuarto ano consecutivo o Campiponato Xunta de Galicia de Milla en ruta e de 1Km.

Preto de trescentos atletas se deron cita para poder disfrutar dun gran campionato no deportivo e no organizativo que vería a David de la fuente e a Laura Porto como novos campións absolutos galegos da distancia.

Si ben a proba feminina sería gañada de maneira destacada pola narosesa Himi Lamiyae, a súa condición de residente impediulle subir ao podio, lugar no que si en cambio estivo Laura Porto do Rías Baixas cun rexistro de 5:39. Nun apretado sprint chegaba na segunda posición a menos dun segundo Teresa Parrado do C.A. Santiago sendo terceira  Helena Celada do Ría de Foz a catro segundos da gañadora.

Na categoría masculina, cómodo triunfo para David de la Fuente do Pinarium con 4:19 que quedou moi preto do récord galego. Anxo Bello do C.A.Narón a nove segundo do gañador e Bruno Salido do Coruña Comarca a dazaoito, completaron o podio absoluto masculino.

Compre salientar os récords galegos logrados por José Vila do C.A.Sada na categoría M60 cun rexistro de 5:26 e de Manuel Míllara do Comesaña na M80 con 8:10.

No resto de categorías os campións galegos foron os seguintes:

  • Absolutos. David de la Fuente (Pinarium) e  Laura Porto (Rías Baixas)
  • Sub23. Lucía Outeiriño (CD La Purísima) e Bruno Salido (Coruña Co.)
  • Sub20. Helena Celada (Ría de Foz) e Anxo Bello (C.A.Narón)
  • Sub18. Laura Porto (Rías Baixas) e Gael Varela (C.A.Narón)
  • Master35. Teresa Parrado (C.A.Santiago) e Damian Araujo (Marineda At.)
  • Máster40. Belén Bascoy (S.A.Trega) e Fernando Pérez (Ferrol At.)
  • Máster45. Mª Teresa Cimadevilla (El Canario) e David Martínez (S.D.Compostela)
  • Máster50. Aurora Leiro (S.D. Compostela) e Jose A.Burgos (S.M.Marín)
  • Máster55. Rocío Díaz (S.D.Compostela) e Jose Manuel Troitiño (Ferrol At.)
  • Máster60. Esther Pedrosa (Dawako A.) e  José Juan Vila (C.A.Sada)
  • Máster65. Begoña de Arriba (Egovarros) e Ramiro Méndez (A Gándara)
  • Máster70. Damingo Álvarez (Egovarros)
  • Máster75. Celerino Pedreira (E.D.Lourenzá)
  • Máster80. Manuel Mílllara (Comesaña S.C)

Campionato Xunta de Galicia de 1K.

De igual modo e de maneira previa ao desenvolvemento do galego de milla, disputábase para as categorías Sub10, Sub12, Sub14 e Sub16 o Campionato de 1K na que o máis salientable foron as marcas de Mateo Vila do C.A. Millaraio e de Mireia Díaz do Olympo As Pontes quenes lograron mellores marcas galegas da súa categoría.

Campións galegos e galegas de 1K

  • Sub10. Mireia Díaz do (Olympo As Pontes) e Mateo Vila do (Millaraio)
  • Sub12. Nadia Conejo (S.A. Trega) e Nicolás Amado (C.A.Sada)
  • Sub14. Lía Núnez (At. Lucense) e Sergio Silva (S.A.Trega)
  • Sub16. Lucía Cando (Poli. Lucense) e Xoel Franco (Beade)

Resultados

Galería fotográfica

Compartir